Barbadás saca unha axuda para a creación de empresas

Señal de 30 en Barbadás
photo_camera Barbadás
O orzamento adicado a estas subvencións será de 12.000 euros, cun máximo de axuda de 2.000 por empresa

O Concello de Barbadás presentou onte unha liña de axudas para fomentar a creación de empresas no municipio. Poderán acollerse a estas subvencións os autónomos e as pemes que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de outubro do ano pasado e o vindeiro 30 de setembro. O obxectivo é, segundo indican dende o Concello, “colaborar dunha forma activa na xeración de emprego no municipio apoiando a posta en marcha de novos proxectos empresariais”.

En canto ao importe, haberá unaha contía fixa de 500 euros pola creación dun posto de traballo. A isto engadiráselle unha contía variable equivalente á metade dos gastos iniciais de posta en marcha da actividade, cun máximo de 1.500 euros por empresa. O orzamento total das axudas será de 12.000 euros e sairá integramente do presuposto municipal.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase cando se publiquen as bases no Boletín Oficial da Provincia, e permanecerá aberto ata o 30 de setembro ou ata que se esgote o orzamento.

Te puede interesar