O BNG denuncia que augas residuais sen depurar estanse vertendo a carón dunhas vivendas, en Barbadás

Imaxe do vertido denunciado polos nacionalistas de Barbadás.
Xosé Manoel Fírvida, portavoz do grupo municipal do BNG de Barbadás, dixo onte que o tratamento das augas residuais do concello segue a ser unha asignatura pendente do goberno do PP.
‘Á longa lista de casos nas parroquias que sofren estes vertidos temos que engadir agora o empeoramento da situación na Valenzá. Un novo vertido prodúcese na rede de saneamento que vén da zona da Finca Fierro e dunha parte da parroquia de Parada. Á altura da Rúa Milladoiro existe un sumidoiro que recolle as augas da metade da Finca Fierro e condúceas á rede que vai cara Ourense’, sinalou o nacionalista, quen dixo ademáis que as aguas residuais veñen de unha zona afastada do límite do concello con Ourense, van cara a Rúa do Tangaraño e posteriormente, por unhas fincas privadas, cara a Avenida de Celanova, enlazando coa rede xeral perto do límite do Concello co de Ourense.


Te puede interesar