Política local

O BNG pide un plan ante a desigualdade de rendas por barrios

_10.68.110.202-archive-2019-01-22-ma_2019_01_22_1324_resultado
photo_camera Luis Seara, voceiro do BNG (MIGUEL ÁNGEL).

O BNG proporá ao goberno local no pleno de febreiro a posta en marcha dun plan de loita contra a discriminación social e o reequilibrio territorial no Concellom co obxectivo de evitar a proliferación de barrios marxinais e degradados e que se deixe de dividir en "cidadáns de primeira e de segunda". 

Os nacionalistas pretenden que "ninguén quede atrás", especialmente en contextos de crise como o actual. Para iso, o BNG sostén que "cómpre coñecer polo miúdo a ideosincrasia de cada barrio, coñecer a súa morfoloxía, o perfil dos veciños a nivel económico, social e demográfico, saber o ámbito profesional predominate, a franxa de idade maioritaria e mesmo a evolución do propio barrio nos últimos anos". 

Os nacionalistas subliñan que a diferenza de rendas por barrios é "considerable", polo que chaman ao Concello a tomar parte e buscar solucións. 

Te puede interesar