O BNG do Ribeiro presenta candidatura en seis dos dez concellos

La Casa Consistorial del Ayuntamiento de Ribadavia.
photo_camera La Casa Consistorial del Ayuntamiento de Ribadavia.

O BNG do Ribeiro desenvolveu en días pasados un acto de presentación dos candidatos por esta formación ás alcaldías de distintos concellos desta comarca. Desta maneira confirmaba a Esteban Suárez, ex-alcalde e candidato á alcaldía de Castrelo de Miño; David Ozores, candidato en Beade; Iolanda Rodríguez, en Carballeda de Avia; Gabriel Alberte, candidato en Cenlle; Ramón Seoane, en Melón, e  Maite Rodríguez, candidata á alcaldía de Ribadavia.

Así, os nacionalistas preséntanse como alternativa para gobernar en seis dos dez concellos desta comarca. 

No acto, ao que asistiron militantes, simpatizantes e veciños en xeral da contorna e que tivo lugar na Alameda de Ribadavia, interviron os candidatos ás alcaldías de O Ribeiro e tamén Xosé Lois González “O Carrabouxo” e Mini Rivas, deputado do BNG no Parlamento de Galicia.

Te puede interesar