BNG e PSOE condenan as agresións homófobas

A oposición no Concello de Ourense condena as últimas agresións homófobas na cidade. O BNG urxiu onte ao goberno local a adopción de medidas urxentes, xa que lles resulta “lamentable” que ademais de non ter “ningunha política específica” para o colectivo LGTB da cidade, “non abriran a boca para condenar os actos producidos nos últimos días”. A este respecto, sinalaron que “hai silencios que abouxan e actitudes que retratan”. Os nacionalistas tildan de “gravísimo” este problema, amparado “nos discursos da ultradereita”. 

Días atrás, a executiva local do PSOE tamén rexeitou o “silencio” de PP e DO ante as agresión homófobas denunciadas recentemente, “unha actitude impropia dun goberno do século XXI”, e instou ao goberno local a pór en marcha “dunha vez” o plan de prevención ao acoso homofóbico, bifóbico e transfóbico. 

Te puede interesar