A Bolboretiña do día: "Fóra o unhos"

wordcloubold
photo_camera wordcloubold

As únicas formas na lingua escrita hoxe como artigo indeterminado son: un, uns, unha, unhas. E ben que así sexa. Aínda así, hai catro variacións que se dan, por veces no masculino plural. 

1. En Ourense, dicían os vellos -e a min moito me gusta e uso- “us”. Entre nós, plural de can, cas, de algún, algús e de un, us. “Comprei us pantalós novos”. 

2. Nunha zona central da provincia. moita xente di “unhes”. “O coche é dunhes rapaces de Tioira”. 

3. Algúns orientais manteñen o seu plural e din “uis pantalois vellos”. Formas enxebres todas. 

4. O que soa mal é “unhos”. Puro calco do feminino. Unhas nenas, unhos nenos. Algunhas nenas, algunhos nenos. Mal e a corrixir. 

A norma, o estándar, avanza sobre as formas vellas. Benvida, pero eu sei de “us” aos que non lles gusta moito. En fin, “Unhos e algunhos”, fóra. Sen máis.

Te puede interesar