ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
DESPERFECTOS EN CENTROS EDUCATIVOS
O estado do CEIP Filomena Dato de Barbadás, con 26 anos de antigüidade, converteuse nun motivo de preocupación tanto para as familias do alumnado, como para a dirección do centro, polo que o Concello de Barbadás vén de mover ficha e pedir solucións.
Dende hai varios anos, as instalacións acumulan filtracións en distintas zonas, localizadas agora no ximnasio, a aula de psicomotricidade ou o almacén, entre outras, o que require actuacións inmediatas, como a substitución de varias cubertas.
Ante esta situación, a concelleira de Educación do Concello de Barbadás, Marga Pérez, mantivo unha reunión co director territorial da Consellería de Educación en Ourense, Jorge Rubén Sampedro Grande, co obxectivo de trasladarlle a urxencia de tomar medidas que solucionen o “cúmulo de deficiencias detectadas e desatendidas durante os últimos anos”.
A propia concelleira resalta que “dende o Concello tratamos de ir solucionando algunhas, pero hai outras que requiren grandes actuacións estruturais para as que é imprescindible contar coa colaboración da Xunta”.
O Concello de Barbadás fai unha achega anual de 200.000 euros para o mantemento dos colexios, en concreto para persoal de conserxería, limpeza, gastos de luz, prevención de pragas ou incendios…”.
O responsable de Educación na provincia de Ourense, segundo explicou Marga Pérez, “amosou o máximo interese en solucionar todas as necesidades que lle transmitimos, tanto dende o Concello como dende a dirección do CEIP”.
A reunión tamén serviu para que Marga Pérez puxera sobre a mesa outras cuestións que precisa o CEIP, como “que se pinte a fachada e se solucione o problema de sucidade que crean as pombas no patio de xogos do centro”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
RÉCORD HISTÓRICO DE VOLUNTADES
Los testamentos vitales se duplican en Ourense durante el último año hasta superar los 500
Lo último