O Centro Comercial Ponte Vella colabora en Ourense na volta ao cole solidaria
Amigos de Galicia estima que o material que precisa cada alumno para comezar o curso tería un valor de entre 300–500 euros
A Fundación Amigos de Galicia e o Centro Comercial Ponte Vella presentaron onte a campaña “Nas súas mochilas, o seu futuro”, mediante a cal o centro comercial habilitará un “caixón solidario” de recollida na planta baixa das súas instalacións para que os visitantes poidan aportar o seu gran de area a través de doazóns de material escolar novo. Os útiles que se poden doar son moi variados: mochilas, cadernos, subliñadores, bolígrafos, sacapuntas.. .
Segundo Óscar Sánchez Gándara, responsable de Marketing e Relacións Públicas do Ponte Vella, “estamos moi contentos de colaborar unha vez máis coa Amigos de Galicia” nunha iniciativa solidaria máis importante pola “actual inflación”. O caixón solidario estará “ na entrada do hipermercado, que é unha zona moi transitada e visible, para darlle prioridade absoluta a esta campaña”.
Amigos de Galicia estima que o material que precisa cada alumno para comezar o curso tería un valor de entre 300–500 euros. No ano 2022, fixeron entrega de 1.402 mochilas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARO A DOS VELOCIDADES
Solo ocho de los 92 municipios de la provincia alcanzan el pleno empleo
CASI 200.000 EUROS
Subastan dos torques y un brazalete castrexo de posible origen ourensano
Lo último
Guerra comercial
Estados Unidos subirá los aranceles a la UE para turismos y camiones
CIENTOS DE VECINOS
Los mayores son protagonistas en Albarellos con su XIV Xuntanza