O Certame Literario de Piñor xa ten gañadores

O xurado do XXV Certame Literario de Piñor reuníuse onte para avaliar os relatos candidatos ás diferentes categorías deste lonxevo certame que repartiu 1.500 euros en premios. Os gañadores foron Fabio Rivas (Pontevedra), José Ángel Corral (A Coruña), Lois González (Barbadás), Lola Ferreiro (Ourense), Mencía Jorge (Vigo) e Noa Meire (Ourense).

Este premio está organizado pola Asociación Música e Cultura de Galicia e o Concello de Barbadás co obxectivo de afianzar a cultura e lingua galegas a través destes premios para a narración curta. O certame foi froito da mocidade de Piñor dos anos 90, unha etapa difícil no ambiente sociocultural, pero con esta iniciativa potenciouse a literatura nesta parroquia. “Esta promoción desenvolveuse en dous ámbitos: a lectura, pola que se creou unha sala de lectura no núcleo de San Lourenzo de Piñor; e por outra parte, difundir e promocionar a nosa lingua mediante un certame literario”, explicou o presidente da asociación, Xusto Calviño na presentación da edición deste ano. Ademais, Calviño tamén resaltou a “presencia e prestixio” que o certame foi collendo co paso do tempo, o que se confirma ao ver que hai gañadores doutras provincias. 

Te puede interesar