"QUERO SER INVESTIGADORA"
Podcast | Fóra dos laboratorios da UVigo tamén hai investigadoras sen bata
O escultor Xosé Cid abre na súa casa a Casa-taller Pousa, onde unha escolma da súa obra convive en harmonía con parte do traballo artístico do seu fillo, Rosendo Cid. O venres ás oito da tarde inaugúrase en Taboadela.
Na Pousa de Santa Leocadia de Taboadela vive a familia dende hai dúas décadas. A vivenda na que hoxe residen forma parte dunha das casas máis señoriais da aldea. Como adoita acontecer en Galicia, as xeracións vindeiras fórona divindo a partes iguais. Unha delas converteuse na 'Casa-taller Pousa' e acolle unha escolma da traxectoria dos dous artistas. Este venres, ás oito da tarde, abrirá o espazo onde a naturalidade do fogar é a protagonista.
Pai e fillo foxen da denominación 'museo', porque 'non o é', apunta Xosé Cid. Son dous pisos. O baixo, sendo casa de estructura tradicional, estivo ocupado en tempos polas cortes. 'Aquela pía (sinala o escultor cara ó patio) estaba aquí dentro e era onde comían os porcos'. Hoxe, a pulcritude das formas nas súas esculturas, así como a combinación de cores e figuras nos collages, fotografías e óleos de Rosendo Cid, mandan no ambiente. Separadas e unidas en dúas salas, as liñas curvas que caracterizan as pezas de Xosé Cid conviven en harmonía coa iluminación e modernidade reinantes nos cadros do artista máis novo.
Ó segundo piso hai que acceder a través dun patio onde a arte dos Cid continúa dominando. Unha arte que chama a atención incluso nos moldes de pezas pasadas que o pai garda nun alpendre. Á terceira parte da escolma éntrase por un corredor, dende o que a vista alcanza boa parte do Val da Rabeda, un emprazamento idóneo para falar sobre o papel e a identidades dos artistas ou as galerías de arte hoxe en día. Dentro agardan o bronce, o mármore e a madeira, dotados de vida propia.
A partir do venres, as portas deste particular obradoiro, que os Cid empregan tamén para atraer ó público ó seu fogar demostrando, deste xeito, a cercanía dos autores, quedará aberta. 'Pode vir quen queira e cando queira', afirma Rosendo Cid. É 'outro xeito' de facer as cousas e observar a arte no seu hábitat máis natural. Porque se escapan dese termo museístico que adoitamos asociar cos cadros ou esculturas é porque o concepto do espazo que agora queren dar a coñecer é outro. Para aprecialo hai que comprender o entorno e esa reiterada naturalidade na que os fornos, os cinceis ou a cámara fotográfica se mesturan coas raigames da arte.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"QUERO SER INVESTIGADORA"
Podcast | Fóra dos laboratorios da UVigo tamén hai investigadoras sen bata
HORIZONTE DE INCERTIDUMBRE
Ourensanos con plaza en Justicia siguen sin tomar posesión del cargo
184 CASOS POR CADA 100.000 HABITANTES
Ourense, a la cabeza española en prevalencia de casos de esclerosis múltiple
Lo último
DÍA MUNDIAL SIN TABACO
La Reina Letizia alerta del riesgo del Vaper y reclama más educación sanitaria
FIN A LA DOBLE OPCION
Así será la PAU 2026: un examen que apuesta por un modelo único, más práctico y exigente