EMPLEO / OURENSE

O Concello de Barbadás avoga pola inserción ó mundo laboral

O Concello de Barbadás pon en marcha o obradoiro de emprego “Barbadás coida de ti”, que se desenvolverá neste concello durante os próximos seis meses,

O Concello de Barbadás pon en marcha o obradoiro de emprego “Barbadás coida de ti”, que se desenvolverá neste concello durante os próximos seis meses, actividade subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar en colaboración co propio Consistorio. A iniciativa consta de dúas especialidades formativas: atención sociosanitaria no domicilio e dinamización de actividades de tempo libre, coa participación de 10 alumnos por cada curso.

Durante a impartición do obradoiro, compaxinarase a formación teórica requerida cunha fase de prácticas, que o alumnado poderá realizar nas propias instalacións do Concello ou nos servizos sociais e de xuventude municipais. O programa conta cun equipo de apoio de cinco persoas, formado por unha directora, un administrativo e tres docentes.

Dende a área de Promoción Económica do Concello explican que o obxectivo é axudar á integración laboral dos matriculados.

Te puede interesar