CASTRO CALDELAS

Cinco concellos constitúen un novo servizo lingüístico

Esta Rede foi impulsada pola Xunta de Galicia co obxectivo de coordinar os esforzos a prol da lingua propia que se fan desde as distintas administracións públicas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística respaldou a creación dun novo servizo lingüístico que
será compartido por cinco concellos ourensáns, que son Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, San Xoán de Río e A Teixeira.

As subvencións acordadas polo departamento autonómico posibilitarán o financiamento de diferentes programas de dinamización a través de campaña de promoción do uso do galego.

A posta en marcha deste servicio faise ó abeiro das liñas de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre as que destaca a Rede de Dinamización Lingüística.

Esta Rede foi impulsada pola Xunta de Galicia co obxectivo de coordinar os esforzos a prol da lingua propia que se fan desde as distintas administracións públicas e que na actualidade suma a preto de 170 entidades locais, que desenvolven accións de dinamización conxuntas ao longo de todo ano.

Te puede interesar