MEDIO AMBIENTE

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil licita por 1,5 millóns as obras de mellora da EDAR de Xinzo de Limia

O obxectivo destas actuacións, segundo explica a CHMS, é mellorar a calidade das augas do río Limia

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que depende do Ministerio de Medio, licitou por 1.499.656 euros o contrato de obras para a mellora da capacidade de nutrientes da EDAR de Xinzo de Limia (Ourense).

O obxectivo destas actuacións, segundo explica a CHMS, é mellorar a calidade das augas do río Limia executando actuacións que facilitarán a eliminación de nutrientes da actual EDAR e "minimizarán" o consumo de reactivos, priorizar a eliminación de nutrientes, sobre todo, fósforo e nitróxeno, por vía biolóxica.

Estes traballos implican un "importante aumento" na capacidade de tratamento da instalación coa que se poderá dar servizo a unha poboación de 16.250 habitantes equivalentes.

A presentación de ofertas realizarase a través do rexistro xeral da Confederación do Miño-Sil ata as 14,00 horas do 12 de novembro.

Te puede interesar