Este é o primeiro ano que a carreira educativa comeza en Ourense

Correlingua celébrase marcada polos recortes

'En galego todo o que buscas' é o lema da decimoterceira edición do proxecto educativo Correlingua que reivindica o uso do galego entre escolares grazas a diferentes actividades entre as que se levan a cabo andainas, este ano por 11 comarcas. Nesta ocasión a primeira carreira levarase a cabo en Ourense e en concreto a saída terá lugar o vindeiro día 2 de maio na Praza Maior.
Así, os escolares de 13 centros da provincia ourensá -malia que os organizadores aseguran que a cifra pode medrar posto que hai centros que todavía se están inscribindo- percorrerán diferentes rúas da cidade. A gala final con actuacións musicais, sorteos e actividades terá lugar no Auditorio Municipal e estará presentada pola coñecida actriz galega Iria Sobrado.
Pero a crise tamén salpica ao proxecto educativo, Correlingua, segundo explicou o membro da CIG Ensino José Manuel Alonso durante a presentación do evento: 'Agradecemos ás comunidades escolares o seu interese porque nestes intres é moi difícil e as institucións sérvense da austeridade para xustificar a súa falta de apoio'. Ademáis, José Manuel Alonso concretou que este ano a festa final terá lugar no Auditorio Municipal cun dobre obxectivo: 'Aforrar os costes técnicos e materiais que supoñía o seu desenvolvemento na Praza Maior', ademáis de facer fronte ás inclemencias meteorolóxicas. Sobre os indicios que apuntan a unha baixa participación do alumnado no Correlingua, Alonso concretou que lle consta 'que moitos claustros de profesores suspenderon as actividades extraescolares, entre elas ésta'. Nesta liña, apuntou que este ano a Deputación non costeará os servizos de transporte, pero 'si nos amosaron o seu apoio e cedéronnos cinco lotes de libros que sortearemos entre os participantes'.
A teniente de alcalde do Concello de Ourense, Isabel Pérez, lembrou que o centro de Educación Especial de O Pino gañou o concurso de banda deseñada do Correlingua e conta 'cun valor engadido'.

Te puede interesar