UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXIII)
Galería | Colección de novios para una solterona
Historia
A presentación de "Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices", libro escrito polo filólogo Ramón Lorenzo tivo lugar no espazo que lle da nome onte. No acto participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que destacou sobre Lorenzo como “un dos pais da lingüística e da filoloxía galegas, cofundador do Instituto da Lingua Galega, que sentou os alicerces dos estudos sobre o idioma propio de Galicia, que presenta a edición de preto de dous mil documentos, cos seus correspondentes apéndices".
Este traballo é froito de décadas de traballo por parte de Ramón Lorenzo, que contou coa colaboración da Xunta e o Consello da Cultura Galega, para darlle vida a este traballo fundamental para o coñecemento do galego medieval.
Baltar agradeceu a Lorenzo a súa labor "por desentrañar o pasado histórico e lingüístico dun territorio tan noso"
Baltar quixo resaltar a importancia de "para saber a onde imos, resulta imprescindible coñecer o que fomos e o que fixemos, o que animou a unha xeración que marcaría un antes e un despois". O presidente tamén lle agredeceu a Lorenzo a súa labor por "desentrañar o pasado histórico e lingüístico dun territorio tan noso e peculiar".
Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, destacou que "é a culminación de 40 anos de rigorosidade intelectual e de traballo constante a prol da lingua galega no ámbito medieval". Por outra banda, Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, expresou que "é unha colección de riqueza extraordinaria".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNA VIDA DE COLECCIÓN (XXIII)
Galería | Colección de novios para una solterona
CONFLICTO MUNICIPAL
Valcárcel exhibe los recibos que “muestran la negligencia” de Vila
Lo último
CUIDADO DE LA IMAGEN PERSONAL
Ourense recibe la esencia y cuidados de la estética parisina en Maison Rose Luxe