A Deputación abre unha liña de axudas para obras municipais

A Deputación de Ourense porá en marcha neste ano un Plan estratéxico de subvencións que ten como obxectivo garantir no ámbito da cooperación cos concellos un nivel mínimo de investimentos en infraestruturas de titularidade municipal. Esta iniciativa política permitirá tamén garantir o financiamento mínimo para o mantemento dos servizos sociais de titularidade municipal e posibilitará a continuación da experiencia comarcal de xestión do servizo de depuración de augas residuais a través do Consorcio de Augas de Valdeorras.
O plan estrutúrase en varias liñas de acción e o importe previsto é de 7.375.333 euros, podendo ser obxecto de ampliación ao longo do exercicio orzamentario, en función dos remanentes dispoñibles logo da liquidación do orzamento de 2013. As achegas serán realizadas exclusivamente con fondos propios da Deputación.

Te puede interesar