Ourense

“O derradeiro libro de Emma Olsen”: bicos e sangue na vila onde tódolos ollos están a mirar

Ourense

Banda deseñada

“O derradeiro libro de Emma Olsen”: bicos e sangue na vila onde tódolos ollos están a mirar

Detalle dunha viñeta de "O derradeiro libro de Emma Olsen", ilustrado por Pablo Prado
photo_cameraDetalle dunha viñeta de "O derradeiro libro de Emma Olsen", ilustrado por Pablo Prado

O ourensán Pablo Prado adapta a popular novela de Berta Dávila ao linguaxe da banda deseñada cunha mirada persoal aos seus temas

A primeira vez que Emma e Linda se bican, o xesto queda reflectido no ollo dunha vaca. Cando as dúas báñanse espidas na lagoa, os ollos dos animais -as rañas, os peixes, os lagartos- enmarcan a escena, como un cadro vivo do que a intimidade queda fóra. “Cada encontro das dúas mozas e un amor prohibido, viven no abafo dun amor que vai ser xulgado sempre”, di o debuxante ourensán Pablo Prado, falando do seu novo traballo, a adaptación á banda deseñada da novela “O derradeiro libro de Emma Olsen”, de Berta Dávila.

Editado por Galaxia, o libro segue os últimos dias da vida da súa protagonista, a escritora americana Emma Olsen. Afectada polo cancro, decide dedicar o tempo a rematar unha novela na que confesa os segredos dos anos máis importantes da súa vida: o final da súa adolescencia na pequena cidade de Faith, en Dakota do Sur. “Sentiume identificado con moitos dos temas dos que trata o libro, como a sensación de soidade, ou a xestión emocional na adolescencia”, apunta Prado.

Viñetas de una página de O derradeiro libro de Emma Olsen, ilustrado por Pablo Prado.

O autor ourensán recibiu a historia de mans do debuxante e director da escola de banda deseñada O Garaxe Hermético, Kiko da Silva: “a escola propón aos alumnos rematar o seu curso cun proxecto propio, que podas presentar ás editoriais, e cando eu estaba buscando historias para o meu, Kiko pasoume a novela, porque viu que podía interesarme”, explica Prado.

Despois de reunirse coa autora do libro orixinal -“Berta foi moi amable e respectuosa, delegou e era moi consciente que a banda deseñada ía a ser outra peza distinta á súa, polo linguaxe visual”-, Prado acometeu a tarefa, enriquecendo a historia de Emma coas súas vivencias persoais. “So coñezo Faith por Google Maps, mais as relacións entre as veciñanzas dunha vila pequena falábanme da miña infancia, porque eu son de Ourense pero crecín en Ponteareas”, di o debuxante.

Os elementos aportados por Prado aportan unha nova dimensión á historia, dende o uso do cor -máis vibrante e idealizado no pasado, mais gris, sereno e decadente no presente- ata as rimas visuais, como cando Emma dáse o seu primeiro bico cun mozo, e a seguinte viñeta e un esputo con sangre. “Vincular o noxo ao bico -explica Prado- ven dunha amiga mía do pobo, tamén lesbiana, que me contou como de adolescente sentiu a presión social de bicar a un rapaz, mais cando legou a casa tivo que lavarse os dentes”.

A recepción da novela está sendo “moi boa”, segundo Prado, e o debuxante xa pensa nos seus seguintes proxectos: unha serie de libros infantís co guionista Miguel Rojo; “Os berros da motocicleta”, unha historia con da Silva sobre a Guerra Civil en Pontevedra, ou un proxecto con Fernando Llor. “Hai moitos frontes abertos”, ri o ourensán, e conclúe sentíndose agradecido: “considero que e un privilexio poder gozar o que fas”.