Os descontos no Car Oulet de Ourense alcanzan ata os 6.000 euros

O recinto de Expourense coa mostra de vehículos.
photo_camera O recinto de Expourense coa mostra de vehículos.

O VI Car Outlet Ourense abriu onte as súas portas co obxectivo de contribuír a dinamizar as ventas de coches na provincia. Para acadalo, 15 concesionarios que representan a 23 marcas (o 95% das que operan no mercado español) ofrecen 400 coches seminovos, kilómetro cero ou de ocasión con descontos e vantaxes. A entrega inmediata e as facilidades de financiamento  convértense nos principais reclamos, segundo a organización dunha cita acollida por Expourense  da man da Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (Acauto).

Os descontos especiais rondan de media entre os 3.000 e os 6.000 euros, xa que os propios concesionarios reciben o apoio das marcas ás que representan para poder ofrecer prezos “moi axustados” co gallo de liberar o stock, sobre todo naqueles modelos dos que xa saiu unha nova versión. O abano de prezos van dende un Citroën C1 por 7.500 euros ata un Audi A6 Avant por 64.990 euros, se ben o prezo medio da maioría dos coches expostos oscila entre os 12.000 e os 30.000 euros. 

O V Car Outlet Ourense abonda nas oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man e seminovos, puidendo atoparse vehículos que acaban de ser matriculados ata outros con ata 7 anos de antigüidade. A oferta cubre modelos que saíron hai escasos meses ao mercado como o Toyota C-HR, o Volvo EX30, Jeep Avenger ou o novo Opel Corsa. Tamén nas motorizacións cubren dende os motores de combustión ata os 100% eléctricos.

Te puede interesar