OURENSE

Desratizando o entorno da estación de autobuses e O Tinteiro

ratas_result
photo_camera Un operario traballando na desratización da zona.

A petición viña da Asociación Veciñal As Termas, que agradeceu "a rápida intervención do Concello"

Na mañá deste mércores unha empresa especializada enviada polo Concello de Ourense  desratizou o entorno da Estación de Autobuses e os accesos a zona termal de O Tinteiro como resposta a petición feita pola  Asociación Veciñal As Termas situada na Urbanización de Vivendas Sociais xunto da Estación.

Dende a Asociación Veciñal o presidente Ángel Gómez sinalou: “As veciñas e veciños agradecen a rápida intervención do Concello. A base de insistir pouco a pouco vanse conseguindo cousas; ben sexa pequenos arranxos e cuestións de mantemento como é o caso ou obras maiores como parque infantil que conseguiramos para o barrio, sen a participación activa da cidadanía non serían realidade.”

A petición, rexistrada o luns e cun escrito anterior do mes de maio, urxía o desbroce e dos accesos dende a Rúa D ata a zona termal de O Tinteiro así como denunciar a presencia de ratas en varios puntos da Urbanización. Despois da intervención só queda pendente o desbroce que será atendido o antes posible segundo nos informou o Concello; apuntan dende o colectivo veciñal.

Te puede interesar