A empresa Montañesa, unha das 30 apoiadas polo Plan ReAcciona

A empresa de transporte de viaxeiros Montañesa, do Carballiño, ten un crecemento anual de arredor do 100% e unha carga de viaxeiros de preto de 500.000 por curso. É unha das 30 beneficiarias de Galicia do plan ReAcciona, que promove o Igape, e que lle permitirá introducir melloras centradas na dinamización da súa imaxe e no desenvolvemento de servizos que integren actividades de ocio, eventos e turismo. Para a realización destas tarefas conta coa colaboración dun dos bolseiros que o Igape pon a disposición das empresas participantes neste proxecto.
O xerente de Montañesa, Manuel Carballeda, manifestaba que este plan permite introducir innovacións na empresa, 'para poder manterse, manter os postos de traballo, facendoa máis competitiva', ó mesmo tempo que agradecía a visita do director xeral do Igape, Javier Aguilera. Durante este encontro, nas instalacións da empresa, Aguilera destacou a importancia do Plan ReAcciona na mellora da competitividade das pemes galegas. Un plan que, segundo salientou, permanece aberto para recibir novas solicitudes das empresas interesadas, e que busca achegar diagnósticos e servizos para que estas localicen e melloren as súas debilidades en materia de competitividade, en diferentes ámbitos de xestión, así como amosar o seu potencial de internacionalización.

A Montañesa é unha empresa que adica unha parte importante do seu traballo a facer viaxes a distintos países europeos. ReAcciona conta cun orzamento total de cinco millóns de euros para dous anos.

Te puede interesar