Mónica Seara: "As empresas teñen que gañar diñeiro, pero non explotando á xente"
Entrevista
A ourensá Mónica Seara é a CEO de Humanas Salud Organizacional e candidata a entrar no Top 100 de mulleres líderes
A ourensá Mónica Seara é por segundo ano candidata a entrar no selecto grupo Top100 Mujeres Líderes, de Mujeres&Cía, una listaxe pública na que se valora o rol feminino en diferentes áreas. Despois de varias experiencias profesionais como enxeñeira, domiciliou en Sobrado do Bispo a súa empresa Humanas, Salud Organizacional. "Un privilexio, síntome afortunada por figurar nesa lista", recoñece. Líderes, liderazgo e moito sentido común hai que aplicar na xestión das persoas nun momento tan complexo como o da pandemia.
Hai un liderazgo feminino?
Hai unha forma diferente de liderar. Cando decidín crear a miña empresa fíxeno para humanizar as empresas, aínda que pareza utópica. Os homes montarían unha empresa para gañar diñeiro e eu para que a xente poidera traballar e vivir mellor. Esa pode ser unha diferencia entre liderazgo masculino e feminino. Se fose pola conta de resultados, posiblemente mañán pecharía e porén sigo porque é necesario, é un ben maior. As empresas teñen que gañar cartos para subsistir pero creo que grazas á saúde e benestar da xente e non a costa de explotarla.
A súa empresa chámase Humanas. Por exclusión, a maioría son inhumanas?
Moitas empresas, sobre todo as do Ibex 35, teñen superclaro que "los trabajadores son lo primero". Eu digo que non, que nestas empresas o primeiro é a conta de resultados. Eu chameille Humanas á miña porque o que se ve en moitas son departamentos de recursos humanos moi inhumanos, tratan a persoas como números e máquinas, non xestionan emocións. A xente que é quen de trasladar a paixón do que fai, arrastra. O que nos move a todos é a paixón. Moitas das outras empresas, e falo estadísticamente, non son saudables. A miña idea é crear empresas saudables, humanas e sostibles.
Pero hai empresas tóxicas nas súas relacións cos traballadores e vailles moi ben.
Iralles xenial pero é un modelo obsoleto. O que pasa coa pandemia pon de manifesto todo isto. Hoxe iralles ben pero sostibles non son. Se a xente non está ben e enferma, non está para traballar.
Hai empresas pasarela nas que a xente vaise en canto pode?
Totalmente. O 87% dos empregados están desacoplados na empresa. Se ti non tes compromiso coa empresa, que podes esperar da túa xente? Hoxe, coa crise, o 54% dos traballadores cambiaría de traballo. Claro que hai moitas empresas tóxicas nas que a xente acaba enfermando. Antes da pandemia o 10,7% da poboación consumía tranquilizantes, relaxantes e pastillas para durmir. O 5,6% antidepresivos. Dende marzo este consumo aumentou un 20%. Polo tanto, está claro que a xente non está ben.
Cando deixamos de ser traballador para ser recurso humano?
Desde que este neoliberalismo exacerbado, esa tendencia crecente ao individualismo fai que nos convirtamos neso. Saímos dun sistema educativo donde nos educan para a competitividade, non para a cooperación. Esa é outra das diferenzas entre o liderazgo feminino e masculino. As mulleres son máis de colaborar, de facer medrar a outros. Agora ben, moitas mulleres cando chegan a postos directivos acaban masculinizadas porque senón non xogas, quedas fora do mercado, entonces retardas a maternidade, postergas as relacións… Todo, porque queres estar nese mercado.
Que aprendemos como traballadores ou como empresarios desta pandemia?
Os cambios foron moi bruscos. Teletraballamos sen estar preparados, incluso sen ter medios. Foi unha medida xeral pero afectou a cada un de nós dunha maneira. Non é o mesmo teletraballar un ou dous días á semana que facelo todolos días, conciliando e nunha casa pequena. Esa situación para moitas persoas é moi complicada e están desexando volver á oficina para poder centrarse porque en moitas ocasións non é facil conciliar todas as actividades. Iso non é moi sano porque fíxose un esforzo extra para ir cara adiante, axudar á empresa, pero non é a situación mellor.
O termo conciliación é incompatible co teletraballo nestes momentos de pandemia?
O teletraballo debería facilitar a conciliación pero para nada se nota iso. Unha cousa é que organices a túa axenda profesional e persoal e outra cousa é estar boa parte do día pendente da actividade laboral. Iso non ten nada que ver con conciliar ou teletraballar. Iso foi un paso atrás.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
Lo último
Guerra en Ucrania
Zelenski pide más medios aéreos ante el recrudecimiento de la guerra
V PLENO DEL VIII MANDATO
El V Pleno del CGCEE inicia en Madrid su última reunión del mandato