OCIO

O encoro de Cachamuíña terá un parque infantil e outro deportivo

O encoro é "un activo turístico de primeira orde para o noso concello e para a propia cidade, pois cada día centos de personas nos visitan", defende o rexedor, Luis Menor. 

O encoro de Cachamuñiña terá un parque infantil e outro deportivo, grazas á sinatura dun convenio entre a Deputación e o Concello de Pereiro de Aguiar. O encoro é "un activo turístico de primeira orde para o noso concello e para a propia cidade, pois cada día centos de personas nos visitan", defende o rexedor, Luis Menor. 

A Deputación e o Concello de Pereiro estiveron a traballar conxuntamente para dotalo das instalacións e servizos que "contribúan á súa mellora e desenvolvemento para disfrute dos veciños que a diario o utilizan", destacou Menor.

O parque infantil situarase nunha parcela cercana á cabeza do encoro, mentres que o parque deportivo ou "de calistenia" se ubicará nunha zona próxima aos biosaudables –cara a cabeceira do encoro–, e terá barra de estiramento, aparato de flexións, lumbares , abdominais, salto de altura, viga de equilibrio e un aparato de escalada. 

Te puede interesar