UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
O alcalde Xosé Carlos Valcárcel fala da actualidade do Concello de Barbadás, fai un balance do pasado e amosa os obxectivos a cumprir de cara a un posible novo mandato.
Hai uns días houbo un acto de recoñecemento no Concello, a quen estivo dirixido?
En marzo cumpríronse tres anos desde que se inciou a pandemia. Quixemos homenaxear ás persoas que faleceron, ás que sufriron a covid e a todas as persoas que desinteresadamente colaboraron en aplacar e mitigar a situación de soidade e desamparo que sentiu moita da veciñanza, como son: Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, sanidade e farmacéuticos, supermercados, transportistas ou mulleres que facían as máscaras, por exemplo. Merecen un recoñecemento especial polo traballo que fixeron.
Como actuou o Concello nese momento?
A través de Protección Civil, repartimos alimentos e medicación ás persoas que non podían saír da súa casa e brindouse atención psicolóxica a través dunha funcionaria do Concello. Repartimos fotocopias para que os nenos e nenas puideran proseguir os seus estudos. Na escola de música houbo clases vía telemática e demostrouse a importancia da implicación municipal.
Barbadás é un dos escasos concellos con saldo vexetativo positivo na provincia, inflúen as políticas sociais?
En Barbadás hai unha política de conciliación moi importante, temos atención temperá e os programa ‘Bos días cole’, o servizo co que se atende aos nenos e dáselle o almorzo por un euro diario, 20 euros ao mes. Eu penso que esas políticas de proximidade e axuda social promoven que se estableza a poboación moza, que son os que teñen fillos.
Como funciona o transporte?
Non é municipal, corresponde á Xunta. Aprobamos hai tempo os protocolos que nos permitían acceder ao transporte metropolitano. Adherímonos e somos pioneiros no uso da tarxeta metropolitana de Galicia. A viaxe custa 1,35 -que marca a Xunta- e temos as ordenanzas para que se reduza ó 35%. Para os estudantes custa 60 céntimos; pensionistas, 70 céntimos e persoas en situación de risco, gratuíto. O único que queda por que funcione é a área metropolitana de Ourense.
Barbadás é un dos concellos con impostos máis baixos, por que?
É o Concello da provincia que ten as taxas e impostos máis baixos -seguindo a lei-. O IVI está no tipo impositivo máis baixo. Por exemplo, un vehículo no Barbadás paga 35 euros ó ano de imposto de circulación. As actividades culturais son totalmente gratuítas. A piscina municipal son 6 euros anuais. O que nós recadamos é escaso e con iso temos unha execución presupostaria do 80%, que é moi alta. Por pór un exemplo, en Barbadás hai 11.000 vehículos e recadamos en torno a 380.000 euros en imposto de circulación. Tamén é unha política de aposta para que se sumen novos veciños e veciñas ao noso concello.
Hai que facer balance destes anos e encarar o futuro, que ten na súa axenda?
Primeiro, dicir que foi unha etapa moi ilusionante, pero tamén complicada. A pandemia marcou o noso traballo. A pesares diso, fomos quen de instalar luz led na Valenzá, de arranxar a Praza do Pumar, dotamos de moitísimos firmes ás rúas. Agora mesmo está en carteira e falado co Ministro de Cultura a ruta cultural, literaria e turística de Carmen Martín Gaite, que é unha escritora Premio Nacional de Literatura, Premio Nadal e Príncipe de Asturias moi vinculada a Piñor. Queremos poñer en valor o centenario do seu nacemento cara a 2025. Tamén a recuperación da Fervenza do Pisco, da que xa temos un protocolo asinado coa Confederación Hidrográfica de 400.000 euros; o posto da Garda Civil, que servirá para pór en valor a seguridade, que é esencial.
Con que proxecto dos realizados se sinte máis satisfeito?
Co centro de información á muller. Estamos atendendo a máis de 70 persoas, que non só corresponden ao municipio de Barbadás, tamén de fóra, incluso da cidade. E quero destacar unha iniciativa que nos custou, a Casa da Mocidade. Queremos dar formación aos mozos, evitar que teñan malos hábitos para o que axudan as escolas deportivas e os servicios sociais. Pero en canto a proxectos, o máis importante para min, foi dar atención esencial ás persoas que na pandemia estaban soas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
VACUNACIÓN MASIVA
Nueva convocatoria contra la gripe para mayores de 60 años
Lo último
ESQUELAS DE OURENSE
Las esquelas de este sábado, 20 de diciembre, en Ourense
TRES GRANDES PROYECTOS
Los principales objetivos de la Fundación San Rosendo para el 2026, obras y proyectos
FORMACIÓN Y BECAS QUE IMPULSAN
Las becas Benigno Moure llegan a 129 beneficiarios