Á espera de que declare o sospeitoso

O mozo de orixe romanesa detido como presunto autor da morte de T.M., o home de 72 anos cuxo cadáver foi achado con signos de violencia na bañeira da súa casa en Ourense, pasará a disposición xudicial este luns, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Esa é a previsión que lle trasladou o Xulgado de Instrución número 1 de Ourense, en funcións de garda cando se produciu o crime -na madrugada do sábado-.

'Está prevista que o paso a disposición do home detido pola súa suposta participación nos feitos se leve a cabo mañá', indica o TSXG, por este luns.

Ademais, recorda que se decretou o segredo das actuacións e engade que se informará da situación persoal na que queda o detido e os delitos que se lle imputan cando finalice o paso a disposición.

Te puede interesar