Estudantes de Maceda prolongan ata xuño as actividades sobre o Día das Letras Galegas

Por terceiro ano consecutivo, a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Maceda, presentou un programa de actividades para o alumnado dos centros de ensino da vila para conmemorar o Día das Letras Galegas. O departamento que dirixe a socialista Ana María Rodríguez contemplou a presentación de xeito artístico a través de contacontos ou representacións teatrais o uso da lingua galega na literatura. Asimesmo, este ano desenvólvense obradoiros de escritura para fomentar a participación creadora.
O alumnado dos tres primeiros cursos de Educación Primaria participaron nunha sesión de contacontos, O Pato Nicolás, e completaron a sesión cun obradoiro de escritura. Onte, o pase ía dirixido ó alumnado con colexio público de Maceda e mañá, xoves, tócalle o turno ó colexio Virxe Milagrosa.

Para o alumnado do instituto San Mamede, o contacontos Cándido Pazó actuará o vindeiro 14 de xuño e haberá teatro os días 21 e 28 de este mes, a primeora data para los estudiantes e a segundo para o público en xeral. A obra a representar é 'Déixame en paz', que poñen en escea o alumnado do instituto.

Asimesmo, este departamento municipal ofrece como novidade a realización de talleres de memoria durante esta primeiea quincena de maio, destinados ó centro de información da muller. Trabállase con poemas de Uxío Novoneyra e Rosalía de Castro.

Te puede interesar