CULTURA

Exposición de arte solidaria a favor da labor de Proxecto Home

Un grupo de 53 artistas ourensáns cedeu as súas obras para a exposición "Arte e Solidariedade", que estará no Museo Municipal ata o 13 de decembro.

Un grupo de 53 artistas ourensáns cedeu as súas obras para a exposición "Arte e Solidariedade", que estará no Museo Municipal ata o 13 de decembro. A mostra, organizada con motivo do 25 aniversario do Proxecto Home Galicia, pretende sensibilizar aos veciños sobre as adiccións xa que "a drogadicción non é un problema só do afectado ou da familia senón da sociedade enteira", explicou Ramón Gómez Crespo, director da institución.

As obras estarán a venda co obxectivo de recaudar fondos, diñeiro que permitirá a Proxecto Home continuar coa súa labor de integración e rehabilitación social. Pintura, escultura, fotografía e vídeo son os compoñentes desta exposición que destaca o compromiso dos artistas con esta tarefa humanitaria. "O valor engadido desta mostra é a xenerosidade dos propios artistas. Os que se animen a mercar, ademais de levar unha obra de calidade para a casa, estaranse solidarizando ca causa" dixo o director.



historia de proxecto home

Proxecto Home comezou a súa andaina en Ourense no 1996 grazas ao Concello que lle cedeu naquela época un inmoble emprazado na finca do Pazo de Guizamonde coñecido como "Casa do Garda". Dende a súa apertura, atendéronse 5.907 persoas, das que 1.566 acadaron a súa completa rehabilitación e reinserción social e laboral. Para elo, contouse co traballo de 276 profesionais e 1.376 persoas voluntarias. A nivel de Galicia, o número de usuarios dos programas terapéuticos ascende a case 36.000 dende a súa posta en marcha no 1990 en Santiago de Compostela.

Na actualidade, Proxecto Home non só se adica a combatir o consumo de droga. "Traballamos outras adiccións como ludopatías ou compras compulsivas. Por iso, é preciso seguir concienciado á sociedade", explicou Ramón Gómez.

Te puede interesar