Os alumnos do Instituto de Secundaria de A Carballeira leron fragmentos de A Esmorga nas rúas

Falcatruadas pola vella Auria

Un grupo de participantes ó inicio do roteiro, no Posío.  (Foto: José Paz)
As peripecias de Cibrán, O Milhomes e O Bocas nunha noite de falcatruadas, que acaban en traxedia, foron revividas como cada decembro nun roteiro pola vella Auria, grazas á lectura da escolma de fragmentos de ‘A Esmorga’, de Blanco Amor.
A primeira parada, coma sempre, na avenida de Zamora, diante da Delegación de Sanidade, ó fío das sete e media da tarde. E a esa hora, un grupo de ourensáns, entre os que estaban alumnos do Instituto de Educación Secundaria da Carballeira, xa estaba preparado para iniciar o percorrido pola vella Auria, guiados pola obra máis popular e lida de Eduardo Blanco Amor, A Esmorga (1959). A lectura colectiva dos oito fragmentos leva consigo unha parada obrigada polas rúas e prazas que aparecen inmortalizadas no libro, ambientado nunha noite chea de falcatruadas, seguindo os pasos de Cibrán -O Castizo-, O Milhomes e O Bocas.

Esta actividade, promovida pola sección Literaria de O Liceo, rememora as paradas das personaxes de A Esmorga na Taberna da tía Esquilacha (avenida de Zamora), as Burgas, Praza de San Cosme, Penavixía, Praza do Correxidor, Fonte do Rei, Lamas Carvajal e Alameda.

No percorrido de onte participaron estudantes do Instituto de A Carballeira para renderlle o seu pequeno homenaxe o seu profesor e un dos principais impulsores do roteiro, Marcos Valcárcel.

O peche desta edición fíxose dianta da estauta de Blanco Anor na Praza de Bispo Cesáreo, remantando na dala da tertulia do Liceo onde serviuse un viño galego.

Te puede interesar