Fallece o escritor ourensán Xosé Fernández Ferreiro
CULTURA
Natural de Nogueira de Ramuín, o xornalista morreu onte na súa casa de A Coruña por mor dun infarto
Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931-2015) morreu onte na súa casa de A Coruña. O xornalista e escritor padecía unha enfermidade que se lle identificou dous meses atrás e onte sufriu un infarto que apagou a súa literatura.
A súa prolixa traxectoria como escritor e xornalista únese ao seu compromiso inquebrantable co país e a lingua. De mozo, Fernández Ferreiro participou no mundo intelectual formando parte do grupo Brais Pinto, en Madrid, e en 1975, con "A morte de Frank González" -ilustrado por Luís Seoane-, converténdose en pioneiro ao publicar a primeira novela en galego do xénero wéstern.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SPUTNIK LABREGO
Un nuevo refugio en la cuna del patrimonio del wolframio
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
Parada Justel e o pintor que puido ser...
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Apuesta