Educación

Os oito “fantásticos” das matemáticas son da cidade

Ourense. 29/04/2021. Alumnos de 3º de la ESO del Ies Otero Pedrayo que ganaron el Rally Matemático gallego. En la foto Breogán Graña, Alejandro de Dios, Sandra Pereira, Nerea Rodríguez, Dana Sotelo, Raúl Dapía, Elías González y Héctor Pérez.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Alumnado do IES Otero Pedrayo, onte (XESÚS FARIÑAS).

Breogán Graña, Alejandro de Dios, Sandra Pereira, Nerea Rodríguez, Dana Sotelo, Raúl Dapía, Elías González e Héctor Pérez son os “oito fantásticos” de 3º de la ESO D do IES Otero Pedrayo. Este grupo de alumnos gañou o primeiro premio do Rally Matemático “Sen Fronteiras”, unha iniciativa da Institución Galega da Ciencia(Igaciencia), entidade dependente da Consellería de Educación. O obxectivo é promover o coñecemento e a divulgación da ciencia en galego entre a mocidade. 

Os oito rapaces foron os mellores de Galicia neste certame, que por mor da pandemia tivo que celebrarase de xeito telemático. Non é a primeira vez que o alumnado do IES Otero Pedrayo destaca nas matemáticas, xa que conta con máis grupos destacados no propio Rally Matemático e con alumnos destacados noutros concursos relacionados con esta disciplina. Rosa Álvarez, a profesora que coordinou a iniciativa, presume dos oito alumnos que “son os mellores de Galicia” e lémbrase da “marabilla de participación”, xa que se tivo que facer unha criba porque só podían participar oito rapaces na proba. “Quería ir toda a clase! É voluntaria e fan un gran esforzo”, di a profesora.

Te puede interesar