O alcalde mantén a incógnita sobre a súa continuidade no cargo

Francisco Rodríguez: “Se me vou dirán que oculto algo, se me quedo, que me aferro ó poder'

Francisco Rodríguez non tomou onte a decisión que a dirección do seu partido esperaba e, por iso, vai ser suspendido de militancia. Pero o todavía alcalde da cidade, que acaba da saír de tres días de 'grande sufrimento', como el di, aínda non desvela o seu futuro, aínda que recoñece a delicada situación pola que atravesa e nalgún momento asume a súa posible saída do Concello. Con todo, sinala que quere garantir a gobernabilidade da cidade, sexa con el ou con outro rexidor de consenso. Con ese fin, hoxe pensa convocar de novo ós seu edís socialistas.
Van suspendelo de militancia por non dimitir xa. Compénsalle manter esta situación?
Eu atendo ó mandato da cidadanía, da que me están chegando apoios a niveles desbordantes, e ós órganos locais do PSOE, a executiva e asamblea. Aí someterei esta cuestión.

Realmente vai vostede renunciar ó cargo?
Agora só hai indicios contra min, pero recoñezo estou fastidiado de tódolos xeitos: se me vou dirán que algo tiña que ocultar; e se quedo, que me agarro ó poder. Eu penso que non é xusto dimitir cando un está completamente seguro de que é inocente.

Pode afirmalo taxantemente?
Dende logo, non o dubide. Nunca vin un Rólex, nin recibín cartos, nin favorecín a esa empresa, porque os concursos nos que se presentou non gañou ningún.

Entón queda de alcalde?
Non me vou aferrar ó posto. Pero cando un representa a unha cidade e ten un apoio tan grande, debe pensar sobre todo no interés dos cidadáns e en garantir a gobernabilidade do Concello e a viabilidade dos proxectos pendentes. Se eu comprobo que non teño apoios, non durarei nin un minuto no cargo.

Logo vai renunciar, aínda que non sexa hoxe (por onte).
Teño que falalo co meu grupo. Si me pide o corpo o máis sinxelo: irme ó meu instituto de ensinanza e non aguantar a presión.

Xa sabe que non conta co respaldo do BNG, polo que, para empezar, tería que gobernar en minoría. Eso é convinte para a cidade, e para o seu partido?
Transmitíronme a decisión do consello local do domingo, onde fan afirmacións que eu respeto. Pero eu teño que decidir dacordo co meu grupo político. Ten que haber garantía de continuidade do proxecto socialista, sexa comigo ou con outro.

Ten o apoio do todo seu propio grupo municipal, en bloque?
Esta mañán (por onte) reunímonos e puxemos riba da mesa a situación. E non me trasladaron que me tivera que marchar; os tres ou catro que puideran ser máis reticentes non abriron a boca. Nós xa falamos, pero hoxe (por ayer) había unha gran carga emocional e non era o escenario de plantexar o futuro

Permítame que insista. Se ten o apoio de tódolos seus concelleiros, seguirá a ser o alcalde da cidade?
Non hai manifestacións contrarias sobre min. Pero se tomo a decisión de irme, ten que quedar unha persoa que teña o consenso de todos e que esté disposta a ocupar esa responsabilidade. Hai que buscar unha solución de xeito sereno e responsable. Hai unha campaña electoral, é verdade, pero merece a pena un mínimo de sosiego. Aínda pasaron moi poucas horas dende que ocorriu todo esto, pero non me quero aferrar ó cargo.

O secretario xeral do PSdeG dixo hoxe (por onte) que vostede tomaría este mesmo día unha decisión.
Xa falei con Pachi Vázquez do meu futuro pero tamén lle dixen que entendera a miña situación e me dera tempo.

E cal cre que é?
Débome a quen me deu a súa confianza e non podo deixar tirada a cidade sin garantir a gobernabilidade do Concello. Por eso, vou traballar intensamente co grupo municipal para atopar unha alternativa que asegure esa gobernabilidade. Mañá (por hoxe) vou convocar ós concelleiros para decidir, e se me din que non siga, buscaremos un candidato que aglutine a todos. Neso estou. O importante non é que me vaia hoxe ou mañán, só quero facelo ben.

Realmente transmitiu esa estratexia ós órganos de dirección do seu partido?
Díxenllo á organización federal e o secretario xeral do PSdeG. Se desaparezo da escea así, polas boas, e dígolles: arregládevos vós, será un desastre. Hai que facer esforzos por manter a cordura.

Sabe vostede que dimitiu o alcalde de Boqueixón, Adolfo Gacio, imputado coma vostede nesta Operación?
Non o sabía, pero se o fixo é porque considerou oportuna esa decisión. Eu descoñezo a súa situación e a do seu concello. n

Te puede interesar