SUBVENCIÓNS

O goberno galego destina 540.000 euros para a promoción da Igualdade en Ourense

O programa de cooperación, entre a administración autonómica e local, está destinado a 40 municipios da provincia ourensá

A Xunta destinou 540.000 euros a 40 municipios da provincia de Ourense para tarefas de "promoción da Igualdade" e co obxectivo de "consolidar" a cooperación e xestión compartida entre as administracións locais e autonómica.

O programa de axudas foi presentado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e a delegada da Xunta na provincia de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, segundo comunicou o Executivo galego.

Así, o plan conta con tres liñas de actuación: a "prevención e tratamento integral da violencia de xénero", o "fomento da conciliación" e, por último, o "apoio aos Centros de Información á Muller (CIM)".

En total, a Xunta destina "3,3 millóns de euros" para este programa de axudas nas catro provincias galegas co que, en palabras de López Abella, se "reforza a prioridade dos proxectos de xestión compartida".

Axudas aos 'CIM'

Neste sentido, celebrou que na edición deste ano se producira un incremento na provincia ourensana nas "solicitudes conxuntas" por parte de entidades locais, sobre todo, no referente ao "programa de apoio aos Centros de Información ás Mulleres (CIM)".

Así, resaltou que "dos 13 CIM en funcionamento na provincia ourensana recibirán subvención 12" nos que participan "un total de 40 municipios, dos que 35 ten unha xestión compartida deste servizo fronte a cinco que a teñen individualizada".

En concreto, do máis de medio millón de euros que se repartirá en toda a provincia, un total de 416.556 euros distribuiranse nos CIM de Avión, O Barco, O Carballiño, Xinzo de Limia, Maceda, Muiños, Ourense, Pobra de Trives, Viana do Bolo e os das mancomunidades de Terra de Celanova, Ribeiro e Santa Aguéda. O Concello de Verín quedou excluído "por incumprimento dos requisitos requiridos", indica a Xunta.

Conciliación y prevención

A segunda liña de subvencións (104.103 euros) está orientada ao "financiamento de plans e actuacións de conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas traballadoras no ámbito local".

Por último, o terceiro ámbito de actuación do programa de axudas, dotado con 20.000 euros, é o destinado a "medidas de prevención e tratamento integral da violencia de xénero".

Te puede interesar