MEDIO AMBIENTE

Unha guía achegará Montealegre ós nenos

A actividade “Pequenos xardiñeiros” ensinará a importancia das plantas

 A concelleira de Educación do Concello de Ourense, Ana Garrido, sinalou que “queremos que os nenos e nenas se acheguen a Montealegre, coñezan a paisaxe mediterránea, os espazos tradicionais e que respecten o medio ambiente", co motivo da presentación da guía didáctica deste espazo natural da cidade.


Esta guía vai dirixida a nenos e nenas de entre 9 a 12 anos, que visitarán próximamente o parque. A día de hoxe, un total de 577 nenos e nenas de diversos centros educativos da cidade xa están inscritos.
Francisco Fernández, autor da guía didáctica, salientou o principal obxectivo do traballo. “Queremos espertar a curiosidade dos nenos. Que teñan unha visión xeral de Montealegre, coñezan un entorno ambiental único e o respecten”, destacou. Asi mesmo, os nenos poderán obter unha visión distinta da cidade dende o mirador.


Pola súa banda, a especialista en Medio Ambiente Aricia Rodríguez impartirá a actividade “Pequenos xardiñeiros”, dirixida a nenos de Educación Infantil, de tres, catro e cinco anos. Cunha parte teórica e outra práctica, os nenos aprenderán neste programa a apreciar a natureza cos cinco sentidos, plantarán sementes e elaborarán o seu pequeno xardín.

Te puede interesar