O ilustrador Luis Davila, recoñecido co Premio Trasalba
A entrega do premio será o próximo 25 de xuño na Casa Museo Otero Pedrayo, en Amoeiro
O ilustrador e deseñador gráfico Luis Davila (Pontevedra, 1972) foi o elixido pola Fundación Otero Pedrayo como galardoado co premio Trasalba 2023. A comisión de goberno premia a Davila pola súa “implicación na defensa da nosa lingua e a proximidade social das mensaxes que formula en defensa do galego”.
Luis Davila, nado en Pontevedra, leva o premio, según o curado, pola súa implicación na defensa da lingua galega e a proximidade social das mensaxes que formula en defensa do idioma. Tamén se destaca a "calidade" do humor gráfico e a popularidade das viñetas de Davila. A Fundación Otero Pedrayo sinala que transmiten un compromiso e unha modernidade que "sería moi do gusto de don Ramón".
A entrega do galardón terá lugar na Casa Museo Otero Pedrayo o domingo 25 de xuño. Un acto no que tamén haberá unha comida de amizade no souto da Fundación.
O economista, escritor e exvicepresidente da Xunta de Galicia, Carlos Mella Villar, recibiu o Premio Trasalba de 2022, que concede a Fundación Otero Pedrayo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
El interés general