EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
CAFÉ DE REDACCIÓN
“Queremos que a formación sexa impartida directamente polas empresas para facilitar a inserción”“De producirse, as pequenas e medianas empresas da nosa comunidade poden sufrir moito”“Todas as axudas para o sector vanse integrar nun plan único dotado con 40 millóns de euros”“Contamos con achegas de todos os axentes comerciais para ter listo o plan para comezos do 2025”
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, o ourensán José González, repasa os principais proxectos da súa consellería trala presentación dos Orzamentos do Goberno galego.
Recentemente déronse a coñecer os orzamentos da súa consellería para 2025. Neles figura ese millón de euros necesario para executar as obras que permitan o traslado dos praceiros ao novo edificio da Praza de Abastos de Ourense.
Existe unha vontade clara da Xunta para desbloquear unha situación que non merece a cidade de Ourense tendo unha Praza de Abastos tan extraordinaria. Entendemos que os praceiros non están nunha situación axeitada na Alameda. Queremos que isto se poida solucionar canto antes para ter aberta unha Praza de Abastos da que nos sintamos orgullos todos os ourensáns. Hai unha negociación aberta co Concello de Ourense, na cal chegamos a un acordo en canto á contribución da cada institución. Dende o Goberno galego queríamos deixar claro que dende o 1 de xaneiro están dispoñibles eses cartos orzados para poder ter a Praza de Abastos á disposición dos ourensáns.
Ao desbloqueo da Praza de Abastos chegouse por consenso. Un consenso que tamén se está a buscar para o Plan Estratéxico do Comercio Local 2025-2030. Cales son as necesidades que lle están a transmitir dende o sector?
Hai que ter en conta que en Galicia temos cerca de 24.000 comerciantes polo miúdo que achegan 107.000 postos de traballo. Contan ademais cuns inimigos moi complexos como son fundamentalmente as vendas por internet, pero temos que dar a batalla. Eu sempre digo que se perdemos o comercio polo miúdo perdemos a forma de ser das nosas cidades e vilas. Por iso, parecíanos moi imporante esa participación pública, o ser capaces de escoitar as diferentes asociacións que nos están achegando moitas ideas. Con toda certeza, si que podo confirmar que imos ter ese Plan Estratéxico do Comercio Local 2025-2030 listo para o primeiro trimestre do vindeiro ano.
No marco de este plan está o proxecto Vilas Vivas, cuxo primeiro piloto levarase a cabo en Ribadavia. En que consistirá?
No comercio polo miúdo existen diferentes dinámicas entre as cidades, as cabeceiras de comarca e os concellos máis pequenos, polo que temos que ter un tratamento diferente. Eu teño unha preocupación importante polo territorio, sobre todo nas cabeceiras de comarca, que tradicionalmente eran os lugares principais do pequeno comercio e agora sofren dificultades. O que queremos é testar a posibilidade de facer cousas diferentes ligadas a un comercio efémero, de fin de semana, que nos permita atraer xente. Trátase dunha proposta transversal, a xente non ten que vir só da man dos comerciantes senón coa colaboración dos concellos a través de actividades lúdicas ou culturais que permitan atraer turistas. Ribadavia é o paradigma de todo iso, é unha vila moi ben situada cun casco histórico extraordinario e por iso antes de final de ano realizaremos a primeira proba neste municipio xa coa vista posta en podelo estender no ano 2025.
Se falamos de comercio, temos que falar inevitablemente do sector autónomo. Vou utilizar un termo que igual non lle gusta, pero é posible frear a sangría de perda de autónomos?
Non é que non me guste, entendo que é unha realidade, pero tamén ten que ter en conta que en termos porcentuais temos un número de autónomos moi alto respecto do Estado español. Dende o Goberno galego, ademais de achegar un apoio forte, cremos que hai que reducir a carga burocrática. O vindeiro ano, como novidade, agruparemos todo o apoio ao sector, uns 40 millóns de euros de diferentes programas, nunha única orde de axudas. Tamén tratamos de paliar outro dos principais problemas, como é a falta de relevo xeracional a través do Plan Remuda.
Dos orzamentos tamén se desprende outra aposta forte polo emprendemento.
Galicia é unha terra de emprendedores. Dende esa perspectiva, creo que Galicia no seu conxunto ten a oportunidade de ser referente nun emprendemento ligado ao territorio. O primeiro paso que demos foi ter esas oficinas de apoio aos emprendedores que son os polos. Temos un total de 14 e o vindeiro mes inaugurarase un novo en Vilanova de Arousa. Levamos apoiados máis 2.700 proxectos en todo o territorio, o que demostra o seu éxito. Hai outra cuestión importante que se fixo nas catro provincias a través das confederacións de empresarios que son os eventos Ultreia, cuxo evento final se celebrará en Ourense e onde se presentarán os proxectos máis destacados dos polos de emprendemento para poñelos en contacto con posibles financiadores.
No referente ao emprego, un dos grandes problemas é o gran número de vacantes empresariais que non se dan cuberto por falta de especialización. Como se pode paliar isto?
Partimos da base de que constatamos a través dos clústeres empresariais ese demanda de man de obra das empresas para poder crecer. Faltan traballadores cualificados en todos os niveis salariais. Por iso, en primeiro lugar debemos mellorar a empregabilidade dos que xa están aquí e iso vai pola vía de afinar as competencias que demandan as empresas coas competencias dos nosos traballadores, e se hai que darlle novas competencias farase a través da mellora da nosa formación para o emprego. Nós o que demandamos do Goberno central, porque os fondos que nutren a formación para o emprego son fondos estatais, é que nos dea máis flexibilidade. Queremos avanzar cara a formacións de curta duración, que lle podemos chamar microformacións, e colocar esta formación nas empresas que van contratar. É dicir, que os propios empresarios poidan formar os traballadores nas capacidades que se requiren.
Pensamos tamén noutro colectivo que xa está aquí como é o colectivo migrante en situación irregular, para que a través da formación poidan canto antes atopar un posto de traballo. Somos a única comunidade autónoma que está a desenvolver unha colaboración cos entidades do terceiro sector, fundamentalmente Cáritas e as escolas de formación agraria, esa ensinanza reducida no tempo que inmediatamente poida colocar esas persoas migrantes en contacto coas empresas. Pero si non é suficiente ca xente que está aquí, vamos ir cara a fóra a través dun programa de atracción de talento, é a nosa primeira aposta son os galegos no exterior. Nesa aposta temos a Estratexia Retorna que está dando moi bos resultados. O programa Retorna Cualifica Emprego, por exemplo, permítenos ir da man das empresas para buscar profesionais cualificados entre os galegos do exterior. Imos celebrar unha feira de emprego en Arxentina e Uruguai o vindeiro ano para afinar a selección en orixe.
Outra cuestión que nos preocupa é que cando se veña esta xente para Galicia poidamos cubrirlle todas as súas necesidades básicas, por iso este ano nos orzamentos levamos unha proposta que conta con dous millóns de euros para apoiar as empresas que adquiran casas e as rehabiliten para o seus traballadores.
“Reducir a xornada laboral sen ter consenso, é un erro”
A partir de agora, desa selección de demandantes de emprego para as vacantes encargarase unha ferramenta de intelixencia artificial.
Así é. Estamos na procura de mellorar as nosas oficinas de emprego. Primeiro temos que ser capaces de casar a oferta e a demanda laboral. Nese sentido, creo que a implantación da ferramenta de intelixencia artificial, coñecida como EMi, estanos axudando moito a mellorar o funcionamento das oficinas para que sexan de utilidade para as empresas. Hoxe en día, unha das problemáticas principais das empresas é a escaseza de traballadores cualificados. O que pretendemos é mellorar a empregabilidade da xente utilizando a intelixencia artificial.
Na última entrevista con vostede, falamos moito deses problemas que ten a xente nova para atopar emprego o que provoca que moitos teñan que marchar fóra. Vaise apostar por reter ese talento?
Para reter ese talento imos por en marcha a Estratexia Mocidade Activa dotada con 20 millóns de euros. Creo que está debe ser unha estratexia integral. As consellerías de Xuventude, Educación, Emprego e Economía temos que ir da man para que a mocidade quede nunha terra extraordinaria como é a nosa.
Se falamos dos que retornan, moitos atópanse con problemas fiscais.
Existen certos problemas de dobre tributación ou incluso de sobreimposición na xente que retorna unha vez que se xubila. Débese ter a maior sensibilidade posible con esta situación. Temos outra demanda neste sentido para o Goberno central para que se elimine a cota mensual que teñen que pagar moitos emigrantes retornados para recibir asistencia sanitaria en Galicia. Foron necesidades que lle transmitimos na nosa última reunión a secretaria de Estado de Migraciones, Pilar Cancela. Creo que a proposta tivo boa recepción e agardamos que se encontre unha solución.
Uns problemas que non só afectan aos que retornan, senón tamén aos que chegan por primeira vez a Galicia. Neste caso coa homologación dos títulos ou o tapón existente en estranxeiría.
O que me transmiten as empresas é que este proceso é moi desvanecedor pola falta de resposta. Parece relativamente sinxelo pensar que en países como Perú ou Ecuador hai xente disposta a vir a traballar a Galicia, pero logo existen moitas trabas burocráticas. A nosa proposta é acompañar as empresas e darlles tranquilidade, falando cos países de orixe a través das embaixadas e coordinando cas delegacións do Goberno, que son as que teñen as competencias en estranxeiría. O que lles pedimos ás empresas galegas é que nos precisen a súa demanda de traballadores e así poder concretar as condicións en orixe cos traballadores. Unha vez que isto se produza e pensando en cuestións como o reto demográfico, interésanos evidentemente que o traballador veña coa súa familia e poida ter cubertas as súas necesidades básicas, e aí creo que a principal problemática é a vivenda e por iso ofrecemos a subvención da que falamos antes. Nós o que lle estamos propoñendo ás empresas é que se compran unha casa ea rehabilitan, a cambio nós imos subvencionar esa rehabilitación para que despois o seus traballadores poidan ser os que aluguen esa vivenda.
No ámbito do emprego, un dos temas que leva máis tempo centrando o debate é esa redución de xornada laboral proposta polo Goberno central. Cal é a súa postura a este respecto?
A miña postura é clara, todo o que teña que ver con cuestións que afectan as empresas e traballadores se ten que pechar no seo do diálogo social e de forma consensuada. Esta é unha cuestión tripartita, está a administración pública, están os empresarios e están os traballadores representados a través dos sindicatos. Todo o que teña que ver con ese ámbito ten que consensuarse. O que non é bo e que o Goberno tome decisións só apoiándose nunha das partes. Se a ministra de Trabajo non lle vale a miña opinión, ten tamén a dun histórico do sindicalismo como Cándido Méndez que estivo esta semana en Galicia e dixo o mesmo que estou dicindo eu. Se non hai ese consenso, o que ten que facer o Goberno é esperar ata que sexa capaz de chegar a un acordo. Eu creo que o ministerio está metendo a pata tratando de impor a redución da xornada laboral.
Estarían preparadas as empresas galegas para esa redución da xornada laboral?
As pequenas e medianas empresas, que son as que compoñen gran parte de noso tecido empresarial, van sufrir moito coa redución da xornada laboral. O Ministerio de Trabajo está propondo axudas, pero chega un momento en que non todo se resolve mediante axudas. Temos que ser moi respectuosos con outra cuestión, que é a produtividade, non podemos falar só de reducir a xornada laboral sen estudar como vai afectar ao rendemento das nosas empresas. Eu sempre digo o mesmo, por riba das administracións quen crea emprego en calquera sociedade son os empresarios e, por tanto, o que necesitamos é que eses empresarios teñan produtividade para poder manter un emprego de calidade, que é o seu obxectivo tamén.
Respecto a ese emprego de calidade, os últimos datos sinalan que o pluriemprego está en máximos. Isto fai que debamos preguntarnos se contamos cuns salarios acordes ao custo da vida?
Todo o que teña que ver coa precariedade laboral é algo que nos preocupa. Eu creo que é imporante que as empresas que crean traballo poidan manter esa rendibilidade que lles permita dar un emprego de calidade que achega estabilidade e riqueza ao traballador.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIOS
Días de reflexión
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL
Más de 34.000 personas visitaron “Wonderland” de Annie Leibovitz
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ahora toca formar gobierno