ENTREVISTA

José Manuel Rodríguez: “A Denominación é unha casa común na que todos teñen que traballar"

foto_jm_2-1-_result
photo_camera José Manuel Rodríguez González.

En total, el presidente de la Denominación Ribeira Sacra lleva 26 años al frente de la institución definiendo el trabajo en equipo como la fórmula del éxito

O Consello Regulador da Ribeira Sacra renovou a súa aposta por José Manuel Rodríguez González para ocupar a presidencia, un cargo que non ten segredos para él. O asumiu por primeira vez en 1991, formando parte do equipo que impulsou a Denominación de Orixe.

Que cambiou na Ribeira Sacra desde que asumiu a presidencia por primeira vez? 

A Ribeira Sacra podemos dicir que a creamos. Non existía como zona vitícola, nin tiña nome. Foi partir de cero. Non é o caso de Valdeorras ou O Ribeiro. Por crearse, creouse ata o nome como espacio cultural e administrativo. Estaba nos libros,  mais  non como espazo administrativo de ningún tipo. Un grupo de amigos que cremos en que a esto se lle podía dar un formato o fixo. Houbo xente que non seguiu e, afortunadamente, tamén houbo outra que se sumou ao proxecto. 

Foi difícil levar a Denominación de Orixe ata o importante lugar que ocupa hoxe? 

Como todo o que nace. Todo é difícil. Houbo que traballalo. Pasou por múltiples e variados avatares, como todo na vida.

Libros e documentais están a dar sona á Ribeira Sacra. O Consello aposta polo enoturismo? 

Na Ribeira Sacra, o enoturismo goza de boa saúde. Foi un aspecto no que empezamos a traballar fai máis de dez anos. Empezamos a meter tempo e diñeiro para lanzalo. Creíamos que nos podía axudar en moitas cousas. Foi unha aposta clara polo sector do viño. Sabedores que a industria vitícola é a que menos se aproveita desto, pois unha botella de viño viaxa para ser consumida, mais hai que traer á xente para que ocupe unha habitación, teña unha comida, ou faga unha viaxe en catamarán ou mesmo en tren. Entendemos que o enoturismo podería ser unha gran ferramenta. Hoxe conta con preto de cen establecementos, entre adegas, casas de turismo rural, restaurantes, catamaráns, empresas de ocio, hoteis. Todos eles forman un grupo importante e constitúen unha ferramenta moi importante para vender a Ribeira Sacra no seu conxunto. O enoturismo é eso, vender tódalas actividades dun territorio cun formato común. Todos estamos no mesmo barco.

Mais a actividade segue a xirar en torno ao viño. As variedades máis importantes de uvas seguen a ser a mencía e o godello? 

Quizais sexan a mencía, que representa case o 90 % das uvas tintas, e dentro das blancas, o godello, pois acada o 80 %. Hai que teer en conta que o 93 % do viño da Denominación de Orixe é tinto, non é como nas outras denominacións galegas.

Cales son os mercados deste viño? 

O mercado nacional, Galicia. Todos somos profetas na nosa terra. Galicia é un gran consumidor, mais o resto de España tamén. Tamén están os países emerxentes, como Estados Unidos, Inglaterra, Xapón ou China, entre outros.

Cal é o país polo que máis apostan na promoción? 

O que máis está subindo quizais sexa Estados Unidos, mais tampouco é algo especial. Inglaterra e Alemania tamén consumen.

Que metas se marca para no novo mandato? 

Hai que traballar. Cun ánimo de traballo, de estar ao día e de seguir promocionando e facendo cousas. Esto non está dado, é un traballo continuo. Hai que estar pendentes do mercado e traballar en conxunto; non mirar por riba do ombro a ninguén. Unha denominación é unha casa común na que todos teñen que traballar na mesma liña.

Que ambiente se respira no seno do Consello, existe unión?

Nós só fumos a unhas eleccións propiamente ditas. Foi no 2002. A partir de aí, sempre houbo acordos entre os sectores. Coido que este é o formato. Hai que falar, transixir e velo como unha casa común. O grave problema xurde cando miras por riba do ombro. As cepas temos que traballalas todos para sacar o mellor quilo de uva e as adegas para fecer o mellor viño. Aquí hai sitio para todos.

Dase o relevo xeracional na Ribeira Sacra? 

O relevo dase se a viticultura é rendible. Os novos quedaranse traballando se é rendible, non porque vivan aquí. Se non hai xente, virá doutro lado. A gran meta é lograr que sexa rendible traballar as cepas.

O Consello xa ten a acreditación ENAC (Entidad Nacional de Acreditación). Que supón para a DO? 

Hai un ano que estamos acreditados coa certificación ENAC. Fai que todo esté máis organizado. En Ribeira Sacra pódese facer unha inspección nunha adega descoñecendo os protocolos. Ata ó último traballo está regulado e ten unha norma. Supuxo problemas adaptar á xente a un novo formato e o fumos facendo ao longo do tempo. Cada vez que se poñía en marcha unha norma europea, a íamos copiando, aínda que non fose obligatoria, pois se en tódolos sitios faise, a ti tamén vaiche tocar. Hai que obter a acreditación. É obligatorio. Non hai un plan B, mais é un traballo de todos. Hai que facelo con moito diálogo, man esquerda e tamén con rigor.

Que retos afronta o Consello? 

Hoxe o mundo do viño é complicado. Hai que estar pendente de promocionar e convencer á xente de que hai que promocionarse, dar unha boa imaxe e competir tódolos días. Hai que prepararse continuamente, pois hai que facer o viño e cuidar a viña tódolos días.

Como se presenta a vendima? 

Como un ano normal, cando está en torno a seis millóns de quilos, e un pouco adiantada. Salvo Rías Baixas, foi a zona que menos castigaron as xeadas, mais afectou a zonas importantes. No global, coido que non suporá un problema relevante. Unha adega xa solicitou escomezar o día 20 para vendimar unha parcela de godello. Ese día comezará a vendima na Ribeira Sacra.

Te puede interesar