Un libro plasma a paisaxe da cidade

Duascentas fotografías retratan as diferentes zonas verdes e especies vexetais da cidade no libro 'Ourense catro estacións', que edita o Concello e que está composto por imaxes tomadas polo concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, con pequenos textos de José Luis Fernández Díaz.
Segundo explicou Espinosa, o libro 'non ten máis aspiracións que dar a coñecer zonas da cidade nas que ás veces non nos fixamos moito'. O concelleiro engadiu que a obra 'vén suplir un pequeno burato, xa que ata o de agora cando viñan ponentes de tódolos países ás xornadas de xardinería traían publicacións dos seus concellos e nós non tiñamos nada que ofertar'.

Mentres, o alcalde, Francisco Rodríguez, salientou que o libro recolle 'unha sinfonía fantástica da natureza'. O Concello edita 1.000 exemplares, 300 dos cales serán en edición de luxo.

Te puede interesar