Conselleira de Sanidade

María Xosé Rubio: ‘Imos apurar a unidade de hemodinámica’

María Xosé Rubio. (Foto: Archivo)
A conselleira de Sanidade, María Xosé Rubio, hablará hoxe sobre ‘o novo modelo da sanidade pública galega: o exemplo de Ourense’, dentro do Foro La Región.
¿Cales son as bases do novo modelo da sanidade pública galega? O noso modelo sanitario pretende fortalecer o propio sistema público de saúde, en contraposición co que existía anteriormente, máis pensado en favorecer a actividade da sanidade privada que en garantir a equidade e a igualdade no acceso ás prestacións sanitarias, na accesibilidade de toda a cidadanía a unha sanidade de calidade, pública, universal e gratuita, tal e como recolle a Lei Xeral de Saúde, que ven de cumprir 22 anos.

¿Como afectarán estos cambios á provincia? Queremos asentar os piares da nova arquitectura sanitaria de Galicia mediante un aseguramento financeiro, un saneamento económico e un fortalecemento dos recursos humanos, e apostando pola calidade e a continuidade asistencial, con unha atención centrada na cidadanía e baseada nos procesos, e non en actos illados. Estamos tamén desenvolvendo un sistema participativo e con transparencia na xestión, e mellorando a dotación de infraestructuras, investindo en equipamento e informatizando o sistema sanitario cun proxecto único e común para Primaria e Especializada.

Un dos temas que máis preocupan ós ourensáns son as listas de espera e o peche de axendas.

Temos que salientar que nos tres hospitais ourensáns existiu nestes anos unha clara tendencia global á disminución da lista de espera, tanto en número de pacientes pendentes como en demoras medias. Sabemos que queda moito por mellorar nalgunhas especialidades, pero estamos a por os mecanismos para conseguilo. Xa dixemos moitas veces que en Ourense non houbo listas cerradas en ningún momento, pese á insistencia da oposición na súa liña de introducir constantes insidias tentando crear dúbidas e unha imaxe de deterioro do sistema público ante a cidadanía galega.

Outro tema moi demandado na provincia é a unidade de hemodinámica do CHOU. ¿Estará en funcionamiento antes de que acabe o ano? Esta unidade foi comprometida pola Consellería no pleno do parlamento de Galicia en maio do 2006 e anunciouse daquela que estaría a disposición ó longo do 2008. Xa se deron todos os pasos máis relevantes neste sentido e conforme aos prazos que marcan os procesos de contratación público. O equipo xa está adquirido, o espazo está reservado no sexto andar do CHOU e o proxecto arquitectónico de implantación estase a terminar. A partir de aí imos apurar xestións para ofrecer esta prestación sanitaria ós cidadáns de Ourense a finais do ano 2008.

¿Cabe a posibilidade de que o Sergas suscriba un concerto ca unidade de hemodinámica do centro médico El Carmen? Nunca ofertouse ou valorouse a posibilidade dun concerto coa iniciativa privada en Ourense no referido á hemodinámica, e así transmitiuse sempre ós responsables desta empresa nas conversas mantidas nestes anos ó longo dos contactos habituais por mor da actividade médico-cirúrxica e de probas radiolóxicas que temos concertadas con eles. Por outro lado, a organización, a eficacia e calidade da atención que hoxe se dispensa arredor do programa Progaliam na atención urxente como a programada polo Medtec está fora de toda dúbida, e dicir, coa nova unidade do CHOU esta atención vai ser reforzada, mellorada e integrada no conxunto da carteria de servizos de cardioloxía que a nivel da provincia ofrecen os profesionais do Sergas.


Te puede interesar