Seis meses de prisión por roubar un monitor de ordenador e 3.500 euros nunha oficina

José Carlos G.V., de 40 anos, foi condenado a unha pena de seis meses e un día de cárcere despois de amosar conformidade co delito de roubo con forza nas cousas que lle imputaba o Ministerio Fiscal.
O Xulgado do Penal número 1 de Ourense tratou uns feitos ocorridos o 6 de outubro de 2008, cando o acusado causou destrozos nunha fiestra e nas portas de acceso do edificio de oficinas da canteira Rilo, no municipio de Leiro. Unha vez no interior, apropiouse de 3.500 euros e dunha pantalla de ordenador LCD de 17 polgadas.

Como responsabilidade civil, fixouse que o condenado indemnice á empresa propietaria da canteira con 3.500 euros pola cantidade sustraída, e na cuantía que se determine na execución da sentencia polo valor da pantalla de ordenador e dos danos derivados do roubo.

Te puede interesar