PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
VIDA
A maior parte da miña vida estiven acompañada destes animais non humanos. De pequena a siamesa Michi I, o siamés Michi II (a miña familia non se mata moito a cabeza para os nomes), e cando medrei fíxenme compañeira de dúas gatas, as dúas de Celanova: Mora e Rúa.
Mora é unha gata de palleiro de 12 anos. Chámase así en homenaxe ao noso primeir videoarte do mesmo nome. De pequena tiña unha cachola e orellotas desproporcionadas comparadas co resto do corpo. En canto medrou veu a sorpresa, ten moito da raza chamada Bosque de Noruega, cun porte maxestuoso, cun pelaxe de envexa e unha mirada penetrante. Son moi sociables, e Mora non é unha excepción. Mora, alias a “máquina de agarimos”. É moi cariñosa. Defínímola como “gato-can”. É moi comunicativa, pon cara de noxo cando algo non lle parece ben. É a raíña da casa. Ela, a outra persoa da casa, é a súa humana elexida. Non vin amor máis puro nunca. É unha relación fermosísima. Aínda que demasiado empalagosiña pra min.
Fai perto de sete anos, contáballe a unhas colegas que desexaba que o destino me puxera unha gata negra diante. O día seguinte, na rúa San Roque de Celanova, saiu aos meus pes unha miñoquiña miañando de debaixo dun coche. Démoslle leite e despois fomos á procura da nai. Se a pousaba no chan berraba, se a collía ronroneaba. A nai non apereceu e converteuse na miña nova compañeira. Era unha gata e era negrísima (eso si, despois de quitarlle toda a roña, era negra pero non tanto).
Rúa, outra de palleiro, é unha Gata Carey. Chámanse así non pola raza, senon pola pelaxe. Apenas hai gatos machos carey, son anecdóticos a nivel biolóxico. Non son aptas para xente que quere fardar de mascota, pois tenden a ser as últimas en adoptarse. A verdade é que "juapas, juapas non son", pero son as máis riquiñas. Se hai algo que as fai únicas é que non pode haber unha Carey igual. Nin clonada. E, se temos en conta que os contados machos que poida haber, non son moi fértiles, so direi que... habeilas hainas.
Son moi independientes e impredecibles. Rúa na casa ten o alcume da “Anarkista”. Ela vive e deixa vivir. Ás veces hai algo que lle chama a atención pero que nin nós nin a Mora notamos e bromeamos se na súa frecuencia terá outras compañas. Pode que eu sexa a súa humana, pero as dúas somos demasiado independentes como para averigualo.
Por favor, non compredes animais. Moitos precisan de nós. Anque tampouco hai que pensar que todos están abandonados. Por último, dicir que hai que esquecer ese rexeite tradicional ás femias. As gatas son incríbles. E as Carey máis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
CUMBRE DEL CLIMA
Arranca la COP31 en Turquía tras varias crisis climáticas
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
La huelga general ¿causa o consecuencia?
PERSONAL IMPRESCINDIBLE
O Barco fija los servicios mínimos para la huelga del 11-N
Fernando Lusson
Lo que dice y no dice Feijóo