MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
Os concellos pequenos destinan ata 426 euros por cabeza a servizos básicos como a seguridade, vivenda, urbanismo, benestar e medio ambiente. É unha das principais revelacións dun documento publicado o mércores polo Observatorio Municipal Galego da Rede Localis, elaborado polo profesor da Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo do campus de Ourense e codirector da rede, Alberto Vaquero.
A medida que aumenta a poboación, explican dende a entidade, “é habitual que aumente non só o número, senón tamén a calidade do servizo” debido ós maiores recursos do concello. Por exemplo, os concellos de ata 5.000 habitantes teñen que dedicar unha parte maior dos seus orzamentos a pagar os intereses da débeda pública. Ademais, “vense obrigados a destinar moitos máis fondos por habitante a servizos públicos básicos, en termos absolutos, que outros municipios con máis poboación”.
Os resultados obtidos, comentan, “deben facernos reflexionar sobre o tamaño da planta local” e as actuacións que poden mellorar o emprego dos recursos públicos “garantindo a máxima cobertura e eficiencia”. Neste sentido, tal e como trasladan dende a entidade, “pódense citar as fusións de municipios, creación de mancomunidades, prestación conxunta de servicios a través de consorcios, áreas metropolitanas ou colaboración máis activa coas deputacións provinciais”.
A Rede Localis está xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, e é unha das actividades da Cátedra de Bo Goberno Local.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
LANCHA DE 400.000 EUROS
Un tráiler con una posible narcolancha queda encallado en el río Miño en Caminha
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana