Josep Lluís Carod- Rovira, político catalán

'Os nacionalismos necesitan modernizar os seus discursos'

Carod- Rovira. (Foto: LR.)
O político e exvicepresidente da Generalitat de Catalunya ofreceu onte, no Auditorio de Ourense, unha conferencia sobre a nova realidade do seu país. Na visita tamén ofreceu a súa visión sobre diferentes temas de actualidade. Ademais, demostrou o seu perfecto dominio do galego, a consecuencia de estudar na Universidade de Barcelona, aló polo 1971, literatura galega, feito que o converteu en amante das letras e a lingua de Galicia.

Cales son os eixos fundamentais da situación catalana?
Temos unha nova realidade cunha maioría sociolóxica partidaria da independencia, na que xa non existe só unha razón identitaria clásica, lingüística ou cultural, senón que son moi importantes os motivos do benestar e tamén os de carácter democrático, como é a convicción de que o pobo catalán ten dereito a decidir o seu futuro.

Cómpre ser moi delicado ao falar da realidade política doutro país, mais na miña convicción en Catalunya, Galiza ou País Vasco, os proxectos nacionais teñen unha gran necesidade de modernización no seu discurso que, coido, agora é vello, non moderno. É posible que unha das causas da separación de Beiras do BNG sexa a súa vontade dun proxecto nacional máis aberto.

Cada país ten unha realidade distinta. Son os galegos os que deben decidir se o seu futuro é sempre a renovación dunha autonomía política, despois da que virá outra, e así ata o fin da humanidade, ou se un día decidirá que o seu porvir é un futuro de soberanía, un futuro máis federal con todos os pobos de Europa, aberto á convivencia pacífica.

Estamos a falar de dúas realidades distintas. Unha cousa é que tipo de sociedade queremos construír. Neste sentido, os referentes deben ser os países do norte de Europa, cun alto nivel de benestar, de cultura democrática, onde as mulleres teñen un papel moi destacado de responsabilidade no conxunto da sociedade. Estou a falar de Finlandia, Suecia. A realidade é que, para min, o Estado Español non chegou aínda a un modelo de convivencia onde sexa posible que os distintos pobos teñan a posibilidade de vivir cos mesmos dereitos. Coido que é unha batalla imposible, é comprensible que algúns pobos pensemos que, se non podemos ser tal e como somos en España, o mellor é falar dunha boa vecindade ca dun asoballamento. O Estado Español é incompatible cun respecto igualitario en dereitos ca súa diversidade interna de pobos, de linguas e de culturas. O que está fóra da historia é o discurso do federalismo, imposibel, porque en España ningúen quere o federalismo, só as nacións periféricas.

Te puede interesar