Obituario | Alejandra Rego, loitadora, esposa e nai

Alejandra Rego.
photo_camera Alejandra Rego.
 Juan Andrés Hervella e fillo adican unhas palabras a súa muller e nai, respectivamente, recentemente falecida

Ao igual co noso gran poeta civil da ben querida Galicia, Manuel Curros Enríquez, nado na comarca da Terra de Celanova e moi vencellado ca bonita vila de Vilanova dos Infantes, a miña ben querida esposa Alejandra Rego Rodriguez, finada recentemente, compartiu a súa nenez neste singular pobo protexido pola enigmática e devota imaxe de “A Virxe do Cristal”

Muller singular, soubo elixir voluntariamente a súa profesión preferida, a de Maxisterio que, trala correspondente oposición, permitiulle exercer en diversos e diferentes puntos da nosa Galicia e fora dela: Riocereixa (Piedrafita del Cebrero), Catarós (A Pobra deTrives), Santa Eulalia (Castro Caldelas), Maceda, Torrevieja, (Alicante), Alongos (Toén), Seixalbo (Ourense) e no seu derradeiro destino profesional a Universidade Laboral de Ourense.

Esposa singular cun forte carácter aínda que, iso si moi alegre, soubo superar en dúas ocasións as dificultades da enfermidade tan en boga, o cáncro ademais de outras varias, peso a elo, foi unha doce esposa e madre que soubo compartir alegrías e tristuras tanto ao longo da súa vida profesional como familiar sendo os seus derradeiros días da súa vida todo un exemplo de boa esposa, e nai e cristiá.

Quíxomeche e non te esqueceremos endexamais, tanto eu como marido, como do teu ben querido fillo Juan. Descansa en Paz Alejandra.n

Te puede interesar