Obituario | Carlos Guitián Rodríguez, mestre de mestres

Teño unha grande pena ó coñecer a triste nova do pasamento do doutor Carlos Guitián Rodríguez, mestre de mestres. Tiven o honor de te coñecer ala polo año 77; eu, un rapaciño do pobo que estudaba en Ourense e ti, un gran doutor e mellor persoa. Nos formábamos parte daquil Partido Socialista Galego (PSG, que non PSdeG, que sempre nos roubou o nome).

Viñas as primeiras eleccións e dábamosche formación de consellos políticos xunto a Xosé Lois e demáis compañeiros do PSG. Traballamos nas eleccións con aquiles altofalantes  que colocábamos no teu 600, o carón do Santo Anxel; enchiamos o depósito e a tirar da publicidade. Dispuñamos sempre de libros galegos, no teu aprendemos a ler “Sempre en Galiza”, do noso  Alfonso Rodríguez Castelao. 

Eras un gran defensor do país. Dende loitar por erradicar o feísmo deica levar sempre no teu coche aquil esprái para corrixir os nomes nos carteis de moitos pobos da nosa Galiza. Pasaron años e fundíronnos o noso proceso partidista. Presentáchesme ó doutor Eustaquio Puga e o finado Xosé Paz. Coñecín a tua dona, unha gran persoa, cariñosa e sempre disposta a axudar.

O tempo separounos a todo o equipo, aínda que me lembro que o doutor Manolo Ramos si quedou o teu carón. Nunca tiñas un non e o progreso non pechaba a porta.

Hoxe, un deses rapaciños do 77 sigue por Barcelona, pero canto te lembra!...  e dende a lonxanía adícache esas dúas rosa e branca do fermoso himno que ti nos ensinaches.

Gracias galeguista, amigo e defensor dos pobres e desa Terra que espero che sea leve.Banderías ó ceo!.

Te puede interesar