Óscar Guzmán: “Se non traballase nas zonas verdes, non escribiría esta novela”
Óscar Guzmán, operario de zonas verdes da Deputación, presenta a súa primeira novela, “Os segredos de Teresa”
Na rúa Cervantes de Ourense, un mércores 14 de decembro de 2005 ás 00,01 horas arranca a historia de “Os segredos de Teresa” (editorial Toxosoutos), a primeira novela do ourensán Óscaz Gumzán, un operario de zonas verdes da Deputación de Ourense que, precisamente, mentres traballaba, coñecía os recunchos que forman agora parte deste libro de intriga dispoñible en tódalas librerías. A cidade Vella, La Región e outras misteriosas localizacións forman parte da novela, un viaxe no que tres policías, un escritor, un forense e unha xuíza intentan desvelar a vida de Teresa.
O seu traballo non ten nada que ver coa literatura. Por que se lanza a esta aventura tan diferente?
Traballo como operario das zonas verdes, estou totalmente afastado do mundo literario. Sempre tiven moita inquedanza e a través dun reto da miña filla e de algo que me debía a min mesmo escribín esta novela. Veu sobre todo a partir da pandemia. A través dos sitios onde traballo chego a moitos lugares emblemáticos de Ourense. En San Pedro de Rocas abríronseme un montón de ideas. A intriga está na cidade vella, na rúa Cervantes… En moitos recunchos. Tambén me gustaría achegar a lingua galega a moita xente a que lle custa máis ler no noso idioma.
Ademais da rúa Cervantes, que outras localizacións de Ourense hai na novela?
Hai unha serie de lugares da provincia. A Praza Maior, por exemplo. Quero achegar ao lector a recunchos da cidade e da provincia. San Pedro de Rocas é a base da inspiración.
A súa profesion axudoulle a inspirarse? Pasa por moitos sitios ao día, seguro que axudou a ambientar o libro...
Si. Se non houbese traballado nas zonas verdes, non houbese logrado isto. Cando escribes tes imaxinación e forma creativa de levar algo, pero cando percorres moitos sitios das construído os escenarios.
Tamén aparece La Región no texto, cunha misteriosa xornalista de por medio.
Porque é o periódico local, tiña que debuxar a alguien que coñecera unha historia pasada. E a xornalista da novela é unha rata de noite, unha personaxe que encaixaba na historia.
Que hai máis alá do misterio? Algo escabroso entre as páxinas?
É unha novela de intriga, pero non é escabrosa. Nunca me gustou a violencia. O ‘gore’ non me gusta. Encántame pasear por Ourense e imaxinar o que pode pasar detrás dunhas pedras, iso é o que reflexo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CONFLICTO MUNICIPAL
Valcárcel exhibe los recibos que “muestran la negligencia” de Vila
ACUERDO TRAS 22 DÍAS
La huelga de Atención Primaria deja en Ourense 2.850 consultas retrasadas
CONSTRUCCIÓN Y REFORMAS
Apertura de un nuevo Obramat y Burger King en Ourense: fechas, ubicación y detalles
Lo último
SIGUEN LOS ATAQUES
Los hutíes se suman a la guerra y lanzan un misil contra Israel
CUATRO AÑOS DE CONFLICTOS
Excrementos, orines y huevos en locales de Rúa Xosé Ramón Fernández Oxea: "É alguén da galería"