O ourensán Alfredo Conde presenta o día 19 o seu novo libro
Alfredo Conde presentará su último libro, "A conto do político e A propósito de lo político", el 19 de enero en el Liceo de Ourense
O escritor ourensán e colaborador de La Región Alfredo Conde presentará o próximo 19 de xaneiro, venres, o seu último libro, A conto do político e A propósito de lo político, editado por Ézaro Ediciones simultaneamente en galego e castelán. A cita será no Liceo, ás 20,00 horas. Acompañarán ao autor na presentación José Ángel Vázquez Barquero, profesor da Universidade de Vigo, e Felipe Ferreiro, presidente de Cruz Vermella Ourense.
Conde narra a súa navegación pola vida política galega e española. É un libro insólito, inzado de referencias a persoas e institucións, caracterizado por un estilo mordaz e irónico e escrito desde unha perspectiva libre e independente, pondo o foco na realidade que subxace ao mundo político.
As súas últimas obras foran Hombres de hierro e A propósito de Fraga.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PLAYA DE L'ARRABASSADA
Dos menores mueren ahogados en una zona de rocas en Tarragona
BAJADA DE LOS CARBURANTES
La desescalada en Oriente Medio abarata el diésel y lo iguala ya a la gasolina en Galicia
VIDA OURENSANA
A adaptación do medio como factor da lonxevidade galega