Cultura

A ourensá Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Joven

La poeta ourensana Alba Cid. (Foto: Instagram)
photo_camera La poeta ourensana Alba Cid. (Foto: Instagram)

O Ministerio de Cultura y Deporte recoñeceu a obra "Atlas" co galardón, dotado con 20.000 euros

Bos tempos para a poesía galega. Tralo recente recoñecemento da lucense Olga Novo como Premio Nacional de Poesía 2020, o Ministerio de Cultura anunciou onte o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2020 para a poeta e investigadora Alba Cid (Ourense, 1989) pola súa obra "Atlas". Este galardón está dotado con 20.000 euros. 

Licenciada en Filoloxía Galega, Portuguesa e Románica, Alba Cid é a lectora do John Rutherford Centre for Galician Studies, da Universidade de Oxford e investigadora da poesía contemporánea. O xurado do premio que outorga o Ministerio de Cultura elixiu o seu libro "por constituir una reflexión sobre cómo la literatura elabora mapas de la realidad y sobre el valor moral que puede tener la literatura como problematización del mundo".  Destacan a poesía "tanto del conocimiento como de la emoción" que esta ourensá expón en "Atlas". "Presenta una nueva cartografía en la que se funden el mapa del cuerpo con el del planeta, la memoria y el enigma", engaden dende o xurado.

Un libro lento

Para a poeta ourensá Alba Cid, "Atlas" foi un libro "lento, que me acompañou durante moitos anos e fala moito de entusiasmo, é un libro sobre o que é elixible e non no mundo, a memoria do mundo, dos obxectos e tamén das relacións. Ás veces penso que non temos idea de cal é o atlas que nos vai quedar de todo isto, pero é un momento interesante para a lectura. É un tempo curioso". Dende o Ministerio de Educación recoñecen tamén a súa "lógica del asombro y llena de referencias culturales que se contemplan desde una mirada excéntrica que fermenta en rebeldía".

Te puede interesar