Pereiro de Aguiar renova a caseta de información para turistas
O punto de información turística do Pereiro de Aguiar, ubicado en Cachamuíña, estrea nova imaxe trala obra de remodelación da caseta. A intervención, valorada en 60.000 euros, contou coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación, dentro das liñas de apoio para mellorar as infraestruturas turísticas.
As obras incluirón o acondicionamento da parcela da caseta coa creación de prazas de aparcamento e dunha área de descanso, así como a renovación da imaxe exterior da mesma como punto de atracción turística. Por outra banda, o Concello mellorou a sinalización turística e instalou novos elementos en diversas zonas do municipio, como á entrada de Pereiro dende o parque tecnolóxico, no novo aparcamento de Cachamuíña ou na entrada da capitalidade. Ademais, o goberno local completou os recursos existentes na páxina web.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
27 de junio
BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar