SANIDADE

O personal do CHUO volve a denunciar a "falta de reforzos"

WhatsApp Image 2017-01-09 at 16.42.30_result
photo_camera Persoas esperando en Urxencias do CHUO.

Tamén denuncian "a falta de material" no centro e solicitan "o reforzo sen cuestionamento dos traballadores que están a pé de cama"

A comisión do Centro do Complexo Hospitalario Universitario de Oruense puxo de manifesto, a través dun comunicado, "a falta de cobertura de profesionais de reforzo ante a sitaución de sobreaforoa asistencial que se está a producir no entorno do CHUO". Denuncian a "falta de reforzo para dar atención a demanda xerada neste momento" sobretodo para casos nos que os pacientes "precisan ser illados". 

Tamén aseguran que hai "falta de material" e que este "non se repón de forma axeitada en moitos casos". Afirman que trala reunión mantida coa xerencia solicitan "o reforzo sen cuestionamento aos traballadores que están a pé de cama" como son os enfermeros, celadores ou persoal de radioloxía. 

Te puede interesar