O plan contra a crise refórzase con 1,7 millóns de euros

A segunda fase do plan de choque posto en marcha pola Xunta para loitar contra a crise destinou ós Concellos ourensáns 1,7 millóns de euros para contratar a parados que esgoten as prestacións por desemprego. Estes fondos engándese a unha partida de 1,8 millóns entregada en xullo, ademais dos 6,2 millóns adicados ó plan de cooperación en materia laboral.
A delegación territorial de la Xunta en Ourense repartiu os fondos da segunda partida presupuestaria do ‘plan de choque’ posto en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar para afrontar a crise, que están dirixidos ós concellos para que poidan contratar a parados que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego desde o pasado 1 de xaneiro de 2009.

Na provincia de Ourense, esta segunda fase do plan ascendeu a 1,7 millóns de euros (que se engaden ós 1,8 millóns que xa foran repartidos en xullo).

As contratacións de desempregados realízanse en actividades vinculadas a novos xacementos de emprego, que lles ofrezan a posibilidade de formarse para atopar no futuro novos postos de traballo. En concreto, trátase de sectores medioambiental, social, cultural, de protección civil e de servicios administrativos nas áreas de informática e novas tecno loxías. Os contratos teñen unha duración máxima de nove meses.

Ademais deste programa de choque ante a crise, a Consellería de Traballo adicou 6,2 millóns de euros ó plan de cooperación cos Concellos. Deste xeito, os fondos dirixidos a facilitar a reinserción laboral dos desempregados en Ourense achéganse ós 10 millóns de euros. Criterios Segundo o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, ós criterios de reparto estiveron orientados a ‘facer xustiza’, xa que foron distribuidos entre 92 concellos, a diferencia do que, segundo asegura, fixo o bipartito, cando o 80% do importe foi para municipios gobernados polo PSOE e o outro 20% repartiuse entre os do BNG e o PP.

En concreto, Martínez puntualiza que ó Concello da cidade correspondéronlle un total de 578.480 euros na última fase do plan de choque que, unidos ós recibidos anteriormente, ascenden a 938.410 euros. A cantidade non acada a do ano pasado (1.200.000 euros), porque ‘o anterior reparto executouse en detrimento doutros concellos da provincia, pero todos precisan axudas para loitar contra a crise’, alega Martínez.

Ademais dos concellos, tamén recibiron axudas a través deste programa a Deputación provincial e as mancomunidades.

Te puede interesar