POLITICA

O PP crea un comité para os portavoces da oposición

uploaded_pp_result
photo_camera En primer término, Mangana, Marnotes y Rosendo Fernández, en la reunión, celebrada en Molgas.

Un órgano do que forman parte os concelleiros que, dende a oposición municipal, lideran a formación popular en 27 concellos da provincia.

O Partido Popular de Ourense deu luz verde onte o Comité de Voceiros, un órgano do que forman parte os concelleiros que, dende a oposición municipal, lideran a formación popular en 27 concellos da provincia.

A convocatoria tivo lugar en Baños de Molgas e o secretario xeral do PP ourensano, Rosendo Luis Fernández, aproveitou a ocasión para explicar que o Comité de Voceiros é unha iniciativa do partido que ten como obxectivo prestar a colaboración e asesoramento precisos aos edís que desenvolven o seu labor político dende a oposición. "Este órgano está chamado a converterse nunha ferramenta de axuda para atender as necesidades da oposición", comentaba Rosendo Luis Fernández.

Baños de Molgas acolleu aos voceiros e aos edís do PP nos concellos de Allariz, Amoeiro, O Barco, Barbadás, Berán, Calvos de Randín, O Carballiño, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Coles, Entrimo, Maside, MAceda, Parada de Sil, Ribadavia, Pobra de Trives, A Rúa, Sandiás, Verín e Viana do Bolo, entre outros.

Te puede interesar